Daniel de la Sota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel de la Sota Valdecilla")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel de la Sota
Nacemento9 de xuño de 1877
 Ceceñas
Falecemento11 de febreiro de 1958
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeiro e político
FillosAlejandro de la Sota Martínez
editar datos en Wikidata ]

Daniel de la Sota Valdecilla, nado en Ceceñas (Medio Cudeyo, Cantabria) o 9 de xuño de 1877 e finado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1958[1], foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Pontevedra como capitán do Corpo de Enxeñeiros, co obxecto de construír o Cuartel de San Fernando (na actual Facultade de Belas Artes de Pontevedra) e outros recintos militares[2]. Foi presidente da Deputación de Pontevedra entre os anos 1924 e 1930. En 1927 ofreceulle un local á Misión Biolóxica de Galicia e esta trasladouse a Pontevedra. Tamén en 1927 colabora na creación do Museo de Pontevedra. Foi o primeiro presidente da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1930).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa Martínez Correa, e foi pai de Alejandro, María, Luisa e Ramón de la Sota[3]. Foi soterrado en Salcedo.


Predecesor:
José Echevarría Harguindey
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1924 - 1930
Sucesor:
Casto Sampedro Folgar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¡Ha muerto D. Daniel de la Sota!", El Pueblo Gallego, 13 de febreiro de 1958.
  2. "El fallecimiento del Excelentísimo Sr. D. Daniel de la Sota y Valdecilla", Faro de Vigo, 13 de febreiro de 1958.
  3. Marínez Casal en Xenealoxía.