Xoán Bautista Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Bautista Andrade
Xoán Bautista Andrade.jpg
Xoán Bautista Andrade.
Nacemento24 de xullo de 1879
 Lérez
Falecemento3 de setembro de 1930
 Lérez
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

Juan Bautista Andrade Tojedo,[1][2] nado en Lérez (Pontevedra) o 24 de xullo de 1879 e finado na mesma parroquia o 3 de setembro de 1930, foi un escritor galego. Foi tío do escritor e economista Valentín Paz-Andrade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa no edificio en que viviu en Lérez.

Fillo de Manuel Andrade Carlín, deuse a coñecer como poeta arredor do 1900, ao gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Compostela. Foi premiado pola composición "Íntima" na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. En 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema "Las cumbres" e o primeiro accésit por "La casa muerta".

Salienta a súa obra lírica en castelán:

  • Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén os seus poemas premiados
  • Al desplegarse la rosa (1917), monólogo lírico
  • Diana de gaita (1930), na que mostra unha visión da paisaxe galega de gran sensibilidade. Algunhas investigacións sinalan a influencia deste libro na obra de Luís Amado Carballo e na escola imaxinista.

Andrade tiña máis obras pendentes de publicación, mais non chegaron ao prelo por mor do seu pasamento: Poemas compostelanos, Enfoques (estudos sobre sensibilidade); El Pazo, los cipreses y el mar (ensaios sobre a paisaxe) e a novela La sombra de Fr. Juan.

En lingua galega publicou só tres ou catro poemas, aínda que parece que antes do seu pasamento preparaba a publicación dunha obra lírica en galego, Cantarelas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo: "Andrade y Tojedo, Juan Bautista" en pp. 701-702 de Historia da literatura galega contemporanea, 1975 (2ª ed.).
  2. Alonso Girgado, Luís; Cochón, Luís e Domínguez Mallo, Lorena (edición) (2011). Cadernos Ramón Piñeiro (XX). Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas Arquivado 15 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. p. 49. ISBN 978-84-453-5028-7: "Juan Bautista Andrade Tojedo (Lérez, Pontevedra 1879-1930). Poeta en castelán distinguido con varios premios..."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]