Fernando III de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fernando III de Castela
Rei de Castela e Rei de León
Fernando III de Castilla.png
Rei de Castela
12171252
Predecesor Berenguela
Sucesor Afonso X
Rei de León
12301252
Predecesor Afonso VIII de León e Galicia
Sucesor Afonso X

Reinado (1217-1252)
Nacemento 1199 o 24 de xuño de 1201[1]
Peleas de Arriba, Zamora
Falecemento 30 de maio de 1252
Sevilla
Sepultura Catedral de Sevilla
Consorte
  • Descendencia véxase descendencia
    Casa real Casa de Borgoña
    Proxenitores Afonso VIII de León e Galicia
    Berenguela de Castela

    Escudo de Fernando III de Castela

    Fernando III de Castela, alcumado o Santo, nado en Peleas de Arriba (provincia de Zamora) en 1199 ou o 24 de xuño de 1201 e finado en Sevilla o 30 de maio de 1252, foi rei de Castela e Toledo desde 1217, rei de Galiza e de León desde 1230, e Conde de Aumale por casamento desde 1235, até a súa morte.

    Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.

    Subida ao trono de Castela[editar | editar a fonte]

    Fernando era fillo de Afonso VIII de León e Galicia e de Berenguela, infanta e raíña de Castela (tamén chamada Berengaria). Naceu en Peleas de Arriba, onde tempo despois fundou o mosteiro de Santa María de Valparaíso. En 1204, o casamento dos seus pais foi anulado polo Papa Inocencio III por motivos de consanguinidade, e Berengaria levou os fillos para a corte de Castela.

    Após a morte do seu tío Henrique I de Castela (1204-1217), con apenas 13 anos de idade, só sobreviviran algunhas irmás de Henrique. Berenguela, que fora rexente do irmán de 1214 a 1217, foi aclamada raíña de Castela só un mes após a morte deste. Mas logo após ser coroada abdicou en favor do seu fillo varón máis vello, Fernando, entón apenas con 16 anos.

    O pai de Fernando, o rei Afonso VIII de León e Galicia, que outrora fora casado con Berenguela e tivera o matrimonio anulado en 1204 debido á consanguinidade, ambicionaba ser rei de Castela por ser neto de Afonso VII de León e Castela. Apoiado pola poderosa familia Lara e outros nobres descontentes, proclamou guerra aberta a Castela.

    Berenguela pasou entón a conselleira do rei. Axudou a subxugar os nobres rebeldes e despois combinou o casamento, celebrado en 1219, de Fernando cunha esposa digna dese monarca novo, e dunha familia politicamente útil. A escollida foi Isabel de Hohenstaufen, coñecida en Castela como Beatriz da Suabia (1202-1235), filla de Irene Anxelina de Constantinopla e de Filipe, duque da Suabia, rei da Xermania e rei de romanos, neta do emperador xermánico Frederico Barbaruiva.

    Despois de vencer os nobres rebeldes, o conflito con León acabou por ser resolvido cunhas treguas tratadas polo rei Afonso VIII de León e Galicia e a súa antiga esposa.

    Unión persoal de León e Castela[editar | editar a fonte]

    En 1230, o monarca de León faleceu. Tiña desherdado Fernando e, no seu testamento, legado o reino ás infantas Sancha e Aldonza, ou Dulce, fillas do seu primeiro casamento coa súa curmá Tareixa, infanta de Portugal.

    Fernando e a raíña-nai ambicionaban obter a coroa de León e volver unir os dous reinos, separados en 1157 coa morte de Afonso VII de León e Castela. Para tal, reuníronse na cidade portuguesa de Valença as dúas mulleres de Afonso VIII de León e Galicia, Tareixa de Portugal e Berenguela, coas infantas Sancha e Dulce, para selaren un acordo.

    Sancha e Dulce renunciaron á coroa de León, en troca de unha renda de 30 mil marabedís e outros privilexios. Polo Tratado das Tercerias, a unión persoal das dúas coroas foi restaurada definitivamente na persoa do rei Fernando III, o Santo, e na dos seus sucesores, pasando Castela a deter a hexemonía na Hispania.

    Coa morte de Beatriz da Suabia en 1235, Fernando casou pola segunda vez en 1237 con Xoana d'Aumale, condesa de Ponthieu (1210-1279), filla de Maria de Belleme, señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'Aumale.

    Reconquista e santidade[editar | editar a fonte]

    Fernando recuperou o esforzo castelán de reconquista. Tomou gran parte de Al-Andalus, excepto os reinos de Granada e Niebla. Desde 1219, combinaba as accións diplomáticas con intervencións bélicas e aproveitaba as discordias existentes entre as taifas para someter os pequenos reinos ao seu poder.

    As súas maiores conquistas foron Baeza (1227), Úbeda (1233), Córdoba (1236), Murcia (1241), Xaén (1246) e Sevilla (1248). En 1244, polo Tratado de Almizra, repartiu as novas terras conquistadas entre as ordes militares, o clero e a nobreza, o que deu lugar máis tarde á formación dos latifundios da rexión.

    Despois da toma de Córdoba, o Santo ordenou a adopción do Liber Iudiciorum (dereito visigótico) polos seus cidadáns, e mandou traducilo, mesmo que con algúns erros, ao castelán. Tamén axudou a desenvolver a Universidade de Salamanca e fundou a actual Catedral de Burgos.

    Mapa político da Península Ibérica en 1360. As fronteiras de León e Castela (en vermello) e do reino mouro de Granada (en castaño) son basicamente as estabelecidas por Fernando III.

    Foi un patrón das novas ordes de frades, que diferían dos monxes por teren unha maior relación co mundo secular, en detrimento do illamento dos últimos en mosteiros. En tanto que os beneditinos, cistercienses e cluniacenses xa participaran activamente da Reconquista cristiá, Fernando III introduciu os dominicanos, franciscanos, Trinitarios e mercedarios en Andalucía.

    Malia ter determinado así o futuro da relixión na rexión, tería encoraxado a convivencia dos seus súbditos de diferentes fes, que tería a súa expresión máxima na capital cultural de Toledo.

    No entanto, importa contextualizar esta convivencia no seu lugar e época. Non se trataba dunha convivencia intercultural á luz da moral dos días de hoxe. Había discriminación racial e relixiosa. Unha curiosa expresión naceu durante este período: tomar las de Villadiego en español (en galego ou portugués dar às de Vila Diogo), que significa fuxir. A explicación desta expresión non é unha verdade histórica indiscutíbel, mas reflicte un pouco o pensamento e o preconcepto antisemita da época.

    A tradición conta que Fernando III concedeu aos xudeus de Villadiego o dereito de non seren perseguidos. Había, no entanto, unha contrapartida: tiñan que usar calzas (os cristiáns usaban calzóns) para garantiren os seus privilexios. Os xudeus de Burgos ou de Toledo non tiñan tales privilexios e, logo que perseguidos, abandonaban todo o que tiñan e fuxían para Villadiego (por aportuguesamento, Vila Diogo). Nesta localidade, éranlles ofrecidas calzas para escaparen aos perseguidores, mais con un prezo: eran forzados a pagar un tributo aos xudeus locais.

    Fernando faleceu en Sevilla o 30 de maio de 1252, con 51 anos. Estaba na compaña dos seus fillos tidos con Beatriz (excepto Berengaria e Sancho), dos tres fillos do seu segundo casamento e aínda da súa segunda esposa, Xoana d'Aumalle.

    O seu corpo foi sepultado na catedral da cidade (antiga Gran Mesquita), e o seu túmulo foi inscrito en catro linguas diferentes: castelán, latín, árabe e hebraico. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén, pola súa forte devoción a Cristo.

    Foi o primeiro rei español en ser canonizado, en 1671 polo Papa Clemente X, e pasou o santoral como San Fernando . É o padroeiro de varios lugares do antigo imperio colonial español, e de Sevilla, onde a súa efixie está incluída tanto no escudo da cidade e da provincia, como do Sevilla Fútbol Club.

    Capa de unha edición do Liber Iudiciorum de 1600

    Descendencia[editar | editar a fonte]

    Do primeiro casamento con Beatriz da Suabia, en 1219, naceron:

    Do segundo casamento con Xoana d'Aumale, en 1237, naceron:


    Fernando III de Castela
    Nacemento: 5 de agosto 1199 Falecemento: 30 de maio 1252


    Títulos Reais
    Precedido por
    Henrique I


    Rei de Castela
    1217 - 30 de maio de 1252
    Sucedido  por
    Afonso X
    Rei de Toledo
    1217– 30 de maio de 1252
    Precedido por
    Afonso VIII de León e Galicia


    Rei de Galiza
    1230– 30 de maio de 1252
    Rei de León
    1230– 30 de maio de 1252
    Precedido por
    Novo título


    Rei de Córdoba
    1236– 30 de maio de 1252
    Precedido por
    Ibn Hud al-Dawla


    Rei de Murcia
    1243– 30 de maio de 1252
    Precedido por
    Novo título


    Rei de Xaén
    1246– 30 de maio de 1252
    Precedido por
    Novo título


    Rei de Sevilla
    1247– 30 de maio de 1252
    Outros títulos Nobiliarios
    Precedido por
    Simon


    Conde de Aumale
    1237- 30 de maio de 1252
    Sucedido  por
    Xoan
    Precedido por
    Maria


    Conde de Ponthieu
    1251- 30 de maio de 1252

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. A. Richard, Javier (2011). Fernando III Cruzado y Santo. Absalon Ediciones. ISBN 9788493907013. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]