Mauro de Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mauro de Anjou
Santa Giustina (Padua) - St. Maurus the Abbot by Valentin Le Fèvre.jpg
Nacementoc. 512
Lugar de nacementoRoma
Falecementoc. 584
Lugar de falecementoGalia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonxe
editar datos en Wikidata ]
Non confundir con Santo Amaro.
San Mauro na igrexa de San Bieito do Campo en Santiago de Compostela.
Bieito de Nursia ordena a san Mauro que rescate a San Plácido. Fra Filippo Lippi, cara a 1445.
Escultura de Mauro de Anjou en Pontevedra.

Mauro de Anjou, nado en Roma no ano 511 e finado o 15 de xaneiro de 584, abade de Glanfevil, chamado despois san Mauro do Loira ou de Anjou, foi un relixioso cristián do século VI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia nobre, fillo do senador Equitius. Foi o primeiro discípulo de San Bieito e enviado a Francia, segundo a tradición, no ano 543 para fundar mosteiros. Gobernou como abade durante moitos anos o convento fundado por el, e no 582 retirouse á clausura, morrendo o 15 de xaneiro de 584. O santoral da Igrexa Católica celebra nesa data o día de San Mauro.

Tradicións[editar | editar a fonte]

Determinadas tradicións falan dos seus poderes de taumaturgo. Nos relatos dos milagres de San Bieito de Nursia, recollidos por Gregorio I Magno, fálase de como rescatou ao rapazolo Plácido dun lago sen saber nadar. Relato que ten a ensinanza de estimular ao monxe a entregar a vida polo irmán confiándose na providencia e non nas propias capacidades. Atribúeselle a curación de doentes e necesitados, polos que sempre se preocupaba, de aí que a devoción popular estea moi espallada por Galicia. As mesmas tradicións falan das súas conversas co conde Gaidulfo, inimigo declarado dos monxes.

Reliquias[editar | editar a fonte]

Documentos dun Sínodo diocesano de 1501 afirman que as súas reliquias estaban gardadas en Almendral, na rexión de Estremadura. Estas reliquias foron trasladas á catedral de Badaxoz polo bispo bieito Frei José de la Zerda o ano 1643. Quedaron parte das reliquias en Almendral, existindo tradicións de que algunhas se encontraban en Montecasino, Fosano e Marsella e, por suposto, na propia Glanfeuil.

En Francia o culto desprazouse no século XVIII a Saint-Germain-des-Prés, onde os revolucionarios franceses dispersaron as reliquias polas rúas de París.

Significación[editar | editar a fonte]

Deu nome á congregación de San Mauro. No século IX aparece unha Vida de San Mauro atribuída aos seus discípulos que tivo moita sona en Francia. A abadía de Glanfeuil foi unha meta de peregrinación local, ao igual que as veciñas Fleury e Mans, que dicían ter reliquias de San Bieito e da irmá deste Santa Escolástica, respectivamente

Adoita representarse cunha muleta e unha balanza. É patrón dos zapateiros e dos artesáns do cobre, así como das illas dos Azores. O culto popular atribúelle longas viaxes alén do fin da terra e está considerado como un santo especialmente milagreiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]