Antonio Taboada Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Taboada Nieto, nado en Pontevedra en 1869 e finado na mesma cidade en 1943, foi un músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quedou cego moi novo. Estudou piano, frauta, harmonía e composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes. Como compositor é autor da zarzuela Los hijos de Minerva e outras obras en diversos xéneros musicais.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Deputación de Pontevedra creou o premio "Antonio Taboada Nieto" para ampliación de estudos de piano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]