Antonio Blanco Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Blanco Porto.

Antonio Blanco Porto, nado en Pontevedra en 1890 e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1940[1], foi un músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fundou con Antón Iglesias Vilarelle a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra da que foi o primeiro director. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso. Empregou o pseudónimo de White Haven. Foi profesor de música do Instituto de Pontevedra e Delegado provincial de Cultura e Arte en 1940.

Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).

Casou con Mercedes Freijeiro Veiga e foi pai de Antonio Blanco Freijeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Faro de Vigo, 15-9-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]