Ricardo Carvalho Calero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Carvalho Calero
Medalla Castelao Galiza Spain.png
2013. Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago de Compostela-2.jpg
Escultura a Ricardo Carvalho Calero en Compostela, por José Molares.
Datos persoais
Nacemento 30 de outubro de 1910
Lugar Ferrol Vello, Ferrol, Galicia Galiza
Falecemento 25 de marzo de 1990 (79 anos)
Lugar Santiago de Compostela, Galicia Galiza
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe María Ignacia Ramos
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos Dereito, Filosofía e Letras
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Ricardo Carvalho Calero ou Ricardo Carballo Calero, nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un filólogo e escritor galego. Trátase do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, considerado o ideólogo do reintegracionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anteproyeito de Estatuto da Galiza (1931), íntegro en pdf.

Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo coma titor o escritor Manuel Comellas[1], cursa por libre o bacharelato e trasládase a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chega a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribúe á redacción do Anteproyeito de Estatuto da Galiza. En 1933 a 1936 volta a Ferrol e gaña a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade, e casa con María Ignacia Ramos, licenciada en historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carvalho Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol.

Golpe de estado, defensa da República e cárcere[editar | editar a fonte]

O Alzamento nacional sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española. Carvalho posicionouse no bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Cae prendido no fin da guerra, na fronte da Andalucía, e é condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión será aproveitada por Carvalho para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeu, a peza teatral Os chefes, de 1982 e algúns poemas, como "Fugíamos da nossa vila", incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas.

En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Ditadura franquista[editar | editar a fonte]

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega a partir de 1958. En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade. Por fin, en 1972 obtivo por oposición a recén creada cátedra de Lingüística e Literatura Galega.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións. En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

Legado[editar | editar a fonte]

Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, dossiers e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”. [2]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

o galego ou galego-português ou é galego-castelhano
R. Carvalho Calero
Cartel dunha conferencia de Carvalho Calero en 1929, ao redor das ideas comunistas de Platón

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Vieiros, 1931, A Coruña.
  • O silencio axionllado, 1934, Santiago.
  • Anxo da terra, 1950, Pontevedra.
  • Poemas pendurados dun cabelo 1952, Lugo.
  • Salteiro de Fingoi, 1961, Vigo.
  • Pretérito Imperfeito, 1980, Edicións do Castro. Colectánea.
  • Futuro condicional, 1982, Edicións do Castro. Colectánea.
  • Cantigas de amigo e outros poemas, 1986, AGAL.
  • Reticências, 1990, Sotelo Blanco.
  • Fillo de Eva, 1992, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Antoloxía a cargo de Pilar Pallarés.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Catro pezas (contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro), 1971, Galaxia.
  • Teatro Completo, 1982, Edicións do Castro.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Xente da Barreira, 1950, Santiago.
  • Narrativa completa, 1984, Edicións do Castro. Colectánea.
  • Scórpio, 1987, Sotelo Blanco.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • História da Literatura Galega Contemporánea, 1963 (reedicións en 1975 e 1976), Galaxia.
  • Sete poetas galegos, 1955, Galaxia.
  • Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, 1959.
  • Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961.
  • Sobre lingua e literatura galega, 1971, Galaxia.
  • Estudos rosalianos, 1979, Galaxia.
  • Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1979, Fundación Barrié/Real Academia Galega.
  • Teatro Nós, 1979.
  • Problemas da língua galega, 1981, Sá da Costa Editora.
  • Libros e autores galegos: século XX, 1982, Fundación Barrié/Real Academia Galega.
  • Da fala e da escrita, 1983, Galiza Editora.
  • Letras galegas, 1984, AGAL.
  • Escritos sobre Castelao, 1989, Sotelo Blanco.
  • Estudos e ensaios sobre literatura galega, 1989, Edicións do Castro.
  • Do Galego e da Galiza, 1990, Sotelo Blanco (Póstumo).
  • Umha voz na Galiza, 1992, Sotelo Blanco (Póstumo) ISBN 8478241531.
  • Escritos sobre teatro, 2000, Universidade da Coruña (Póstumo). Edición de Laura Tato.
  • Epistolario a Fernández del Riego, 2006, Galaxia (Póstumo).

Conversas[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal, 1961, Galaxia.
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1969.
  • Poesías, de Rosalía de Castro, con L. Fontoira Surís, 1972.
  • Escolma de poemas, de Ramón Cabanillas, 1976, Real Academia Galega.
  • Prosa galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós, 1976, Galaxia.
  • Escolma de prosa galega, de Antonio López Ferreiro, 1978, Real Academia Galega.
  • Prosa galega II: Dos novecentistas aos nosos días, 1978, Galaxia.
  • Prosa galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo, 1980, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980, AS-PG/Xistral.
  • Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1990, AGAL.
  • Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Aportaciones a la literatura gallega contemporánea, 1955, Madrid (en castelán)
  • Gramática elemental del gallego común, 1966, Galaxia. (en castelán)
  • Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966, Real Academia Galega (en castelán)
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972 (en castelán)
  • La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares, 1987, Edicións do Castro. Contén oito artigos en galego.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, 1974, Cátedra (Madrid).

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Carvalho Calero

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]