María Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Casares
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Image of none.svg
Nacemento María Casares Pérez
21 de novembro1922
A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 22 de novembro1996
Alloue, Charente, Poitou-Charentes, Flag of France.svg Francia
Profesión Actriz
Ficha na IMDb

María Casares Pérez, nada na Coruña o 21 de novembro 1922 e finada en Alloue, Charente, Poitou-Charentes, Francia, o 22 de novembro de 1996, foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos, tras o levantamento militar fascista, acompañou ao seu pai ao exilio na Francia. Estudou interpretación no Conservatorio de París, no que conseguira entrar en 1941 a pesar das dificultades co idioma. O primeiro papel profesional foi en A Celestina. En outubro do 1943 representou con grande éxito a obra de Georges Neveux A viaxe de Teseo. Ao ano seguinte coñeceu a Albert Camus, con quen mantivo unha relación sentimental até a morte deste en 1960. Del protagonizou O malentendido, Estado de sitio e Os xustos e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, converténdose en musa do existencialismo francés. En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social. Participou na creación e potencialmento do festival de teatro de Avignon. María Casares interpretou a Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova, etc. en obras de Shakespeare, Victor Hugo, Chekhov, Ibsen e Eurípides, entre moitos outros.

Xiras e cinema[editar | editar a fonte]

En 1957 realizou unha xira co TNP por Sudamérica, durante a que foi homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Luis Seoane, Laxeiro,...) e se produciu o reencontro coa súa lingua.

No cinema iniciouse cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Os nenos do paraíso e pouco despois, en 1944, protagonizou As damas do Bosque de Boloña de Robert Bresson. Jean Cocteau dirixiuna en Orpheo (1950) e fíxose moi popular, se ben en España foi silenciada.

Regreso a España[editar | editar a fonte]

No ano de 1977 volveu a España para representar El adefesio de Rafael Alberti en Madrid e Barcelona. En 1989 acadou o premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nominada ao César (1989). Recibiu do goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e en España a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Obtivo o premio Segismundo da Asociación de Directores de España, concedéuselle o título de filla predilecta da Coruña e a medalla Castelao da Xunta, que non acudiu a recoller.

Parte da súa vida é novelada por Manuel Rivas en Os libros arden mal (2006) e en Memorias de cidades sen luz (2008) de Inma López Silva.

Premios María Casares[editar | editar a fonte]

Algúns dos premiados nos premios María Casares do 2014.

No 1996, a petición da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galiza levasen o seu nome (Premios María Casares), pero a morte impediulle asistir á súa primeira edición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]