Amancio Ortega
| Amancio Ortega Gaona | |
|---|---|
| Nacemento: | 28 de marzo de 1936 (77 anos) Busdongo de Arbás Villamanín, |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | Empresario (Retirado) |
| Cónxuxe(s): | Rosalía Mera (divorciado) Flora Pérez Marcote Páxina web: http://www.faortega.org/ |
Amancio Ortega Gaona, nado o 28 de marzo de 1936 en Busdongo de Arbás (Villamanín), en León, é un empresario galego da moda, creador de Zara. [1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Actividade profesional [editar]
Fillo de pais vascos[2], naceu nunha aldea leonesa e aos tres anos regresou con eles a Tolosa, onde viviu ata os doce anos. Nesa altura destinaron a seu pai, ferroviario, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala[3] e a mercería La Maja[4].
É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.
Como presidente de Inditex, e é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[5]. En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla[6].
Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.
Vida persoal [editar]
Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.
Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen se perfila como sucesora á fronte do grupo empresarial e no que xa ten ocupado diversos postos como en Bershka.
En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.
É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.
No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha donación a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento calculouse que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.[7][8]
Honras [editar]
Bibliografía [editar]
- Blanco, Xabier; Salgado, Jesús (2004). Amancio Ortega, de cero a Zara: El primer libro de investigación sobre el imperio Inditex. Esfera de los Libros. p. 271. ISBN 978-8-497-34167-7.
Notas [editar]
- ↑ Amancio Ortega Gaona na web de Inditex
- ↑ "El dueño de Zara se desnuda", La Opinión de A Coruña, 26 de outubro de 2008 (en castelán).
- ↑ "O pai de Inditex aclara o seu futuro", La Voz de Galicia, 15/1/2011.
- ↑ "Seis millonarios de la nada", artigo en El Mundo (en castelán).
- ↑ The World's Billionaires: Amancio Ortega.. http://www.forbes.com/profile/amancio-ortega. Consultado o 11 de marzo de 2011.
- ↑ Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex, Galicia Hoxe, 10/1/2011.
- ↑ La Fundación Amancio Ortega dona veinte millones de euros a Cáritas. laopinioncoruña.es (en castelán)
- ↑ Calcula cuánto donarías si hicieras como Amancio Ortega con Cáritas (en castelán)
- ↑ Amancio Ortega, condecorado por el Gobierno con la Gran Cruz de la Orden al Mérito Civil. leonnoticias.com