Antonio Couceiro Freijomil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.

Foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.

[editar] Obra

  • La aceptación del dolor, 1914.
  • Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
  • La bandera de Galicia, 1929.
  • Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
  • El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
  • Los niños anormales y su educación especial, 1936.
  • Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
  • Programa escolar, 1955.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • (2006) Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil. Actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, o día 13 de maio de 2005, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-4146-9.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas