Luz Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luz Casal
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Luz Casal cropped.jpg
Nome completo María Luz Casal Paz
Naceu 11 de novembro de 1958 (55 anos)
Orixe Andavao, Boimorto, A Coruña Galicia Galicia
Ocupación (s) cantante, compositora e produtora
Xénero Pop, Rock e Balada
Instrumento(s) voz
Tipo de voz Contralto
Selo(s) discográfico (s) Zafiro
Hispavox
Capitol Records
EMI Music
Tempo en activo 1977 - actualidade
Na rede
luzcasal.es

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.

En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.

Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.

En xaneiro de 2007 diagnosticóuselle cancro de mama, do que foi operada en Madrid nese mesmo mes. En novembro de 2007, recuperada da doenza, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia.

O 17 de maio de 2010 publica na súa paxina:

Me dirijo a vosotros para deciros que en mi última revisión me han detectado un cáncer en el otro seno.

O 23 e 24 de setembro de 2012 organizou en Boimorto un festival solidario chamado Festival de la Luz para recadar cartos para a Asociación Española contra o Cancro[2]. A seguinte edición foi nas datas 14 e 15 de setembro de 2013.

Discografía[editar | editar a fonte]

Luz Casal vendeu en total máis de 5 millóns de discos.[3]

  • El ascensor (1980), single
  • Luz (1982), tamén chamado No aguanto más.
  • Los ojos del gato (1984)
  • Luz III (1985)
  • Quiéreme aunque te duela (1987)
  • Luz V (1989)
  • A contraluz (1989), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar.
  • Como la flor prometida (1995)
  • Pequeños y grandes éxitos (1996)
  • Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma.
  • Un mar de confianza (1999). Disco de platino.
  • Con otra mirada (2002). Disco de platino.
  • Sencilla alegría (2004). Disco de platino.
  • Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino.
  • Vida tóxica (2007). Disco de ouro[4].
  • ¿Por qué no vuelves, amor? 2013.

Participou nas bandas sonoras de filmes como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.
  • Luz Casal gañou o Premio Nacional das Músicas Actuais, do Ministerio de Educación e Cultura en novembro de 2013[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]