Chus Pato
| Chus Pato | |
|---|---|
| Chus Pato no Premio Losada Diéguez 2009 | |
| Nacemento: | 29 de agosto de 1955 Ourense |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | Poesía |
María Xesús Pato Díaz, máis coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, é unha escritora e activista política galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
A súa obra manifesta a característica transgresión posmoderna dos xéneros literarios, conformando unha escritura baseada na superación do concepto tradicional de 'poesía'. A súa obra poética acolle distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaísmo filosófico, e unha polifonía de voces que inclúe, ademais das da propia autora, as dunha pléiade de personaxes ficticias e reais que se manifestan en múltiples subxéneros: fragmentos teatrais, entrevistas, programas radiofónicos, etc. Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada e a referencia a mitos grecolatinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata.
O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).
Exerce ademais como profesora de Ensino Secundario (Xeografía e Historia) no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín.
Estivo casada co historiador Anselmo López Carreira, co que tivo dúas fillas.
[editar] Obra literaria
Os primeiros poemas de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984) e, dende entón, aparte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro, etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do Patronato Rosalia, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.
[editar] Poemarios publicados
- Urania. Ourense: Calpurnia, 1991.
- Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
- Fascinio. Muros: Toxosoutos, 1995. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2010.
- A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, 1996. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2006.
- Nínive. Vigo: Xerais, 1996.
- m-Talá. Vigo: Xerais, 2000.
- Charenton. Vigo: Xerais, 2004.
- Hordas de escritura. Vigo: Xerais, 2008.
- Secesión. Vigo: Galaxia, 2009.
- Nacer é unha república de árbores. Edicións do Cumio, 2010 (antoloxía poética sonora).
[editar] Traducións ao castelán:
- Heloísa. Madrid: La Palma, 1998.
- Un Ganges de palabras, antoloxía bilingüe galego-español preparada por Iris Cochón. CEDMA (Colección Puerta del mar), Málaga, 2003.
- m-Talá. Bos Aires: Pato-en-la-cara, 2009.
[editar] Traducións ao inglés:
- from m-Talá, tradución de Erín Moure. Nomados, Vancouver, 2002.
- Charenton, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter & BuschekBooks, Ottawa, 2007.
- m-Talá, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2009.
- Hordes of Writing, tradución de Erín Moure. Shearsman Books, Exeter, 2011.
[editar] Antoloxías e musicacións
Parte da súa poesía atópase incluída nas antoloxías Poésie en Galice aujourd´hui (Anxo Angueira, Sources, 1999), Rías de tinta, Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano (Marta Segarra, Helena González e Francesco Ardololino. Ed. de la Universitat de Barcelona, 2000), Poetry is the world´s great miracle (María do Cebreiro, ed. do P.E.N de Galicia, 2001), A tribo das baleas (Helena González, Xerais, 2001), Las flores del yodo (Margarita Borja, publicación de Teatres de la Generalitat Valenciana, 2001), Las poetas de la búsqueda (Jaime de Parra, Libros del Innombrable, 2002) e Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (Tris Tram, 2003), de Arturo Casas, entre outras.
En español pódense ler traducións dos seus poemas en diversas revistas como Infolios (un número monográfico), La Ortiga, La alegría de los naufragios, Texturas, Zurgai, El signo del gorrión, Veneno...
Poemas seus foron musicados por artistas como Nación Reixa ("Historias posibles/imposibles", no disco Safari Mental), ataque escampe ("Mira", no disco Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos), ou Uxía Senlle, aparecendo este último tema na curtametraxe O Prezo da dote, do leonés Chus Domínguez, curtametraxe preseleccionada para os Oscar de 2005.
[editar] Obras colectivas
- XII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1992.
- Palabra de muller. 1992.
- Sete poetas ourensáns. 1992.
- XIII Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1993.
- Oito e médio, Edicións do Dragón, 1993.
- Poesía dos aléns. 1993.
- XIV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1994.
- XV Festival da Poesia no Condado. S. C. D. Condado, 1995.
- Bis a bis, 1997.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Alma de beiramar. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003.
- Botella ao mar, 2003.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. Fundación Araguaney, 2003.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior, 2003.
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Difusora, 2003.
- X. Espazo para un signo. Xerais, 2005.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega. Xerais, 2006.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero. Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Difusora, 2006.
- Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa. Portugalizando, 2007.
- Vanakkam. Benvidas. Implicadas/os no Desenvolvemento, 2007.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000. Universidade da Coruña, 2008.
- Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo. 2009.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Toxosoutos, 2010.
- To The Winds Our Sails. Salmon Poetry, 2010. Tradución do galego ao inglés.
- Cociñando ao pé da letra. Galaxia, 2011. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
[editar] Premios
- Premio Losada Diéguez no 1997, por Nínive.
- Premio da Crítica de poesía galega no 2008, por Hordas de escritura.
- Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2009, por Hordas de escritura.