Marcos Valcárcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla Castelao Galiza Spain.png

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010[1][2], foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.

Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.

En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu un homenaxe público no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego[3].

En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento á súa contribución á cultura galega[4].

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Dos años de agitación política (Basilio Álvarez no Parlamento) (1991, Edicións do Castro).
  • Obra completa. A carón do lume, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Cóxegas e moxetes, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Farsadas, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • Obra completa. Monifates, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
  • O libro dos amigos, de Ramón Otero Pedrayo (1997, Galaxia).
  • Don Xoaquín Lorenzo no fío de nós: artigos e entrevista (2004, Concello de Ourense).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Bibliografía sobre a súa figura[editar | editar a fonte]

  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La transformación de una ciudad: Orense (1880-1936), (1995, Concello de Ourense). Con María Victoria Carballo-Calero Ramos e Javier Suances Pereiro.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado, tivo unha filla. Á súa morte, producida por esclerose lateral amiotrófica[5][6], foi incinerado e as súas cinzas esparexidas en Fisterra.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]