Ramón de Artaza Malvárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón de Artaza Malvárez, nado en Muros o 6 de marzo de 1877 e finado na Coruña o 20 de decembro de 1976, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito. Dirixiu a revista Tribuna Gallega editada polos emigrantes galegos en Madrid entre 1914 e 1915. Foi cronista oficial de Muros e escribiu varias obras de carácter histórico. Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ante el palenque.
  • Recuerdos de la muy leal, muy noble y muy humanitaria villa de Muros, 1908.
  • El Serafín de Asís y su Orden Tercera, 1910.
  • Tres fechas memorables.
  • Reconquista de Santiago en 1809.
  • Historia de Muros y su distrito.
  • Muros: Páginas de su historia, 1922.
  • Da nosa terra. Folklorismo e historia, 1936.
  • Diego de Muros III.
  • Gelmírez y su época.
  • De mi tierra. Cuentos, decires y leyendas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]