Aquilino Iglesia Alvariño
| Aquilino Iglesia Alvariño | |
|---|---|
| Nacemento: | 11 de xuño de 1909 Seivane de Vilarente, Abadín, Lugo |
| Falecemento: | 29 de xullo de 1961 Santiago de Compostela |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | poesía, ensaio, tradución |
Aquilino Iglesia Alvariño, nado en Seivane de Vilarente (Abadín) o 11 de xuño[1] de 1909 e finado en Santiago o 29 de xullo de 1961, foi un poeta en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formouse no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, e despois cursou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago, devindo ao cabo catedrático de latín de Ensino Medio[2] e sendo responsábel desta materia en institutos de Lugo e Pontevedra e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Traduciu ao galego textos de autores clásicos como Horacio, Teócrito, Tibulo. A súa poesía incríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, que comparte con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega.
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por sonetos no que o tema principal é a dor; e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra e militante do Partido Galeguista
En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a Guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal. En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía de Castro. Postumamente editouse Leva o seu cantare (1963), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
[editar] Centenario do seu nacemento
O concello de Abadín e a asociación de escritores PEN Galicia celebraron o venres 12 de xuño (tal día de 1909 está marcado como o da súa partida bautismal) o centenario do nacemento do poeta cunha recepción ás autoridades e unha praca conmemorativa en Seivane, na casa natal do poeta. No acto participaron diversos escritores.
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Señardá (Lugo, 1930).
- Corazón ao vento (Lugo, 1933).
- Contra el ángel y la noche (Buenos Aires: Emecé, 1941).
- Cómaros verdes (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1947).
- De día a día (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1960).
- Lanza de soledá (Ourense: Editora Comercial, 1961).
- Nenias (Vigo: Galaxia, 1961).
- Leva o seu cantare (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1964).
- Poesía galega completa (Vigo: Xerais, 1986).
[editar] Traducións
[editar] Ensaios
- Noriega Varela, poeta da montaña (Vigo: Galaxia, 1969).
- A lengua dos poetas do Norte de Lugo (A Coruña: Pubricaciós da Real Academia Galega, 1964).
- Lengua e estilo de Cabanillas. Obras completas de Ramón Cabanillas (Bos Aires: Galicia, 1959).
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Rodríguez, Luciano (2009), O po dos días. Introducción temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-013-1.
[editar] Ligazóns externas
- Aquilino Iglesia en Galiciadixital
- Ficha do autor na BVG
- Aquilino Iglesia Alvariño en Biografías y vidas (en castelán)
- Amor, cantado por Batital (2010)
| Predecesor: Antón Lousada Diéguez |
Día das Letras Galegas 1986 Aquilino Iglesia Alvariño |
Sucesor: Francisca Herrera Garrido |
|
||||||||