Antón Losada Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Losada Diéguez
Monumento a Losada Diéguez no Pazo de Moldes.JPG
Monumento a Losada Diéguez no Pazo de Moldes
Datos persoais
Nacemento 22 de decembro de 1884
Lugar Moldes, Boborás, Ourense Galicia Galicia
Falecemento 15 de outubro de 1929
Lugar Pontevedra Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros investigación, creación literaria
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1985.

Antón Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O seu pai Miguel Losada Losada pertencía a unha familia fidalga de ideoloxía tradicionalista e ultracatólica e a súa nai Carmen Diéguez Arias. Orfo de nai desde os catro anos pasou cinco anos interno cos xesuítas na Guarda, estudou Letras en Deusto e fixo un curso de Dereito en Santiago durante o curso 1902-1903. Os seus primeiros escritos, que non publicou, e conferencias datan de 1901. En 1904 marchou a Madrid para facer o doutorado en Filosofía e Letras, nestes anos xorde a súa vocación literaria que se concreta en catro pezas teatrais en castelán que presentou a concursos.

Desde o ano 1907 regresa habitualmente a Galicia para participar no movemento agrario, el directamente participou na fundación de sindicatos agrarios na Estrada e noutros puntos de Galicia, para o ano 1910 xa trasladou a súa residencia habitual para Galicia, onde é profesor auxiliar da Universidade, politicamente adscríbese ó xaimismo e foi elixido secretario da Xunta Tradicionalista de Santiago de Compostela.

En 1911 marchou de novo a Madrid para preparar oposicións. No ano 1913 gañou unha cátedra de instituto, sendo destinado a Canarias e que consegue permutar por outra en Toledo, aínda que en pouco tempo conseguiría a permuta para Ourense. Nesta cidade fixo amizade cos homes do cenáculo de Vicente Risco e aproveita para rematar os seus estudos de dereito en Santiago, onde coñece a Lois Porteiro, un seu profesor. En 1915 casou coa súa moza Albina Espinosa (filla de Laurentino Espinosa Valladares) que finou en decembro do 1916 a causa do tifos e en 1920 casou en segundas nupcias con Mercedes Espinosa Cervela, irmá da súa primeira muller. A partir de 1916 vaise arredando do xaimismo ao tempo que gaba o rexionalismo catalán. Pasou despois a exercer en Pontevedra.

Entrada no galeguismo[editar | editar a fonte]

O ano 1917 vai ser fundamental na traxectoria política de Losada xa que ingresa nas Irmandades da Fala, o 17 de outubro 1917 escribiu a Porteiro solicitándolle información e o 30 de outubro xa estaba integrado na Irmandade. Renova a Irmandade de Ourense que estaba en mans de sectores rexionalistas sen case actividade pública e consegue atraer a Vicente Risco e ao núcleo que participaba en La Centuria, o que vai ser fundamental para o desenvolvemento do galeguismo e que vai dar orixe á Xeración Nós.

Ademais nese ano viaxa a Barcelona cunha delegación das Irmandades para celebrar unha Semana Galega e entrar en contacto coa Lliga, e á súa volta a Ourense é o encargado de recibir a Francesc Cambó, e vai ser o encargado xunta a Rodrigo Sanz e Lois Porteiro de organizar as candidaturas galeguistas na provincia de Ourense para as eleccións xerais de 1918 coaligado cos mauristas de José Calvo Sotelo, mentres el se presenta na Estrada competindo cos riestristas, a derrota electoral provocou unha desmoralización no seo das Irmandades e Losada vai concentrar os seus esforzos en consolidar o grupo para iso escribiu arreo na prensa sobre todo en La Región, no Tío Marcos da Portela e n' Nosa Terra van aparecer os seus primeiros escritos en galego, sen esquecer o seu labor como propagandista católico en Pontevedra como presidente da Acción Católica e do Círculo de Obreiros Católicos locais e impulsor dos tímidos intentos para introducir o galego na liturxia e el mesmo traduciu a Salve ó galego.

En novembro de 1918 presidiu a I Asemblea Nacionalista de Lugo. Con Risco e Noguerol, fundou en 1920 a revista "Nós". Acompañou a Risco na formación da Irmandade Nazonalista Galega en 1922 e foi o seu Conselleiro de Espallamento durante un ano, fracasando nos seus intentos de reunificar o galeguismo.

En 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Losada fíase das promesas de Calvo Sotelo e colabora nun primeiro momento coa ditadura de Primo de Rivera tomando posesión como deputado provincial de Pontevedra, e como tal participou nos intentos de establecer unha Mancomunidade de Galicia que quedará en nada e provocara que Losada presente a dimisión a comezos de 1925. Como recordo do seu labor na Deputación quedará o establecemento do Museo de Pontevedra grazas ás súas xestións. Durante o resto da ditadura dedicarase a actividades culturais como presidente fundador da Coral Polifónica de Pontevedra, do Eiriña Club de Fútbol e o seu traballo no seo do SEG pero sen esquecer os desexos de autonomía de Galicia como proba o relatorio sobre goberno rexional que presenta no Primeiro Congreso de Economía de Galicia. A súa morte prematura, ós corenta e cinco anos aconteceu en Pontevedra en 1929.

En verbas de Xaquín Lorenzo, Losada Diéguez foi a semente de toda a Xeración Nós:

Losada Diéguez foi a semente da Xeración Nós. A Xeración Nós nace por iso, porque houbo un Losada Diéguez que deitou a súa semente nuns homes extraordinarios que providencialmente aparecen en Ourense nesa época e entón esa semente fructifica e dá lugar á Xeración Nós, á revista Nós, ao Seminario de Estudos Galegos, a toda aquela renacencia extraordinaria da cultura galega.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega (22 de maio de 1928) e dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.

Predecesor:
Armando Cotarelo Valledor
Día das Letras Galegas
1985
Antón Losada Diéguez
Sucesor:
Aquilino Iglesia Alvariño

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antón Losada: Teoría e praxe, 1985.