Luz Pozo Garza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luz Pozo Garza
Luz Pozo Garza
Luz Pozo Garza
Nacemento: 1922
Ribadeo Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía, ensaio

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Con catorce anos, por mor da Guerra civil española e da persecución da que foi obxecto seu pai, trasladouse coa súa familia primeiramente a Lugo e, logo, a Larache (Marrocos). De volta en Galicia, instalouse en Viveiro. Ten estudos musicais que deixarán unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Posteriormente desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.

É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse Diálogos con Rosalía e foi respondido por Xesús Alonso Montero.

Luz Pozo Garza é, segundo Rosario Álvarez[1] "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral". Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.

No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

[editar] Obra en galego

[editar] Poesía

[editar] Ensaio

  • A bordo de "Barco sen luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco. Edición corrixida e ampliada no 2011, publicada en Alvarellos.
  • Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991, Galaxia.
  • Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Edicións do Castro.
  • Diálogos con Rosalía, 1996, Real Academia Galega.
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.
  • Tres poetas medievais da ría de Vigo, 1998, Galaxia.

[editar] En antoloxías e obras colectivas

  • I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas, 1998, Galaxia.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Poemas de amor. Xeración dos 50, 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Poemas para Carmen Blanco, 2010, Libros da Cebra.
  • Poetas con Valente, 2010, Universidade de Santiago de Compostela.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.

[editar] Premios

[editar] Obra en castelán

[editar] Poesía

  • Ánfora, 1948, Vigo.
  • El vagabundo, 1952, Ribadeo.
  • Cita en el viento, 1962, edición da autora, Viveiro.

[editar] Bibliografía

  • Códice calixtino de Luz Pozo Garza, de Carmen Panero, 1993, Edicións do Cumio.
  • Luz Pozo Garza: Códice Calixtino (curso de orientación universitaria), de Xosé Manuel Fernández Costas e Henrique Rabuñal, 1993, Baía Edicións.
  • Códice calixtino, Luz Pozo Garza, de Anxos Sanmartín, 1994, Sotelo Blanco.
  • Códice Calixtino de Luz Pozo Garza, de Helena González, 1997, Xerais.
  • Entre la llum i l'ombra: l'obra poètica de Luz Pozo Garza, de Victoria Sanjurjo Fernández, 1998, Parsifal, Barcelona.
  • Luz Pozo Garza: a ave do norte, de Carmen Blanco, 2002, Linteo.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas