Manuel Lago González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Lago González
Manuel Lago González
Estatua do arcebispo Lago, en Tui
Nacemento: 25 de outubro de 1865
Tui, Pontevedra Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 18 de marzo de 1925
Santiago de Compostela Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía

Manuel Lago González, nado en Tui o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un relixioso e poeta galego. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.

[editar] Traxectoria

Seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano do seu lugar natal. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Gañou por oposición unha canonxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Osma, da diocese de Tui e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela.

En 1924 foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.

[editar] Obra

Publicou unha chea de poesías. Unha escolma delas figura na edición d' Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor Torres Creo.


Predecesor:
Leopoldo Eijo y Garay
Bispo de Tui
1917-1923
Sucesor:
Manuel María Vidal Boullón
Predecesor:
José Martín de Herrera y de la Iglesia
Arcebispo de Santiago de Compostela
1924 - 1925
Sucesor:
Julián de Diego García de Alcolea


Predecesor:
Valentín Lamas Carvajal
Día das Letras Galegas
1973
Manuel Lago González
Sucesor:
Xoán V. Viqueira Cortón
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas