Xosé Ramón Freixeiro Mato
Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.
Índice |
Traxectoria [editar]
Despois dunha infancia como neno labrego, pasou por un internado de relixiosos en Allariz e Cambados, examinándose por libre nun Instituto da Coruña para obter o título de Bacharelato Superior. A seguir, estudou Maxisterio nesa mesma cidade e nela traballou como profesor de EXB nun colexio privado durante sete anos. Licenciado posteriormente en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela. Foi profesor en institutos de ensino secundario da Coruña e Arteixo, gañando a praza de catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino medio, cargo desempeñado na cidade herculina. Despois de obter o doutoramento accedeu en 1993 á praza docente que ocupa na actualidade.
Obras [editar]
Ensaio [editar]
- A cara oculta de Noriega Varela (1992, Laiovento).
- Da montaña o corazón (1993, Fundación Caixa Galicia).
- Sebastián Martínez-Risco na cultura galega (1994, Laiovento).
- Rafael Dieste: Vida, personalidade e obra (1995, Laiovento).
- Os diminutivos en galego (1996, A Nosa Terra).
- Lingua galega: normalidade e conflito (1997, Laiovento).
- Gramática da Lingua Galega (Volumes I-II-III e IV, 1998-2003, A Nosa Terra).
- Manual de gramática galega (2001, A Nosa Terra).
- Os marcadores discursivos: conectores contraargumentativos no galego escrito (2005, Universidade da Coruña).
- Lingua, nación e identidade (2006, Laiovento).
- Cucou o cuco cuqueiro. (Lingua e estilo na obra de Manuel María) (2007, Fundación Caixa Galicia).
- Lingua de calidade (2009, Xerais).
- Estilística da lingua galega (2013, Xerais).
Edicións [editar]
- Antonio Noriega Varela. Obra completa, estudo e edición (1994, Deputación de Lugo).
- A torre de Peito Burdelo, de Galo Salinas (1994, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Antoloxía da prosa literaria medieval (1996, AS-PG/A Nosa Terra).
- Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (obra inédita e esquecida) (1996, Edicións do Castro).
- Os séculos escuros e a Ilustración galega. Antoloxía (1996, AS-PG/A Nosa Terra).
- Cos pés na Terra: personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros (1999, A Fouce).
Obras colectivas [editar]
- Teatro nas aulas: dez cadernos da Escola Dramática Galega (1987, Editorial Vía Láctea). Con Teresa Fandiño Barreiro e César-Carlos Morán Fraga.
- Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento (1988, Vía Láctea).
- A poesía e o teatro interseculares (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Con Francisco Pillado Maior).
- Historia da lingua galega (1998), A Nosa Terra). Con Anxo Gómez Sánchez.
- Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio (1999, AS-PG/Universidade da Coruña). Coeditor con Manuel Ferreiro Fernández.
- As linguas minoritarias europeas no ámbito do ensino: análise da situación en Galiza, País Basco e Bretaña (2002, AS-PG).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Pensar en Galiza: antoloxía posíbel de colaboracións publicadas na última etapa do Terra e Tempo (2004, Terra e Tempo).
- A lingua literaria galega no século XIX (2005, Universidade da Coruña). Con Xosé Manuel Sánchez Rei e Goretti Sanmartín Rei.
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos (2008, Universidade da Coruña). Con Marisol Ríos e Lucía Filloy.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
- Sobre o racismo lingüístico (2009, Laiovento).
- Lingua e futuro (2010, Laiovento).
- Follas de Carballo (2011, Asociación Cultural Lumieira).
Premios [editar]
- Gañador do VII premio literario Ánxel Fole no 1993, por Da montaña o corazón.
- Gañador do XX premio literario Ánxel Fole no 2006, por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María.