Gonzalo López Abente
| Gonzalo López Abente | |
|---|---|
| Nacemento: | 24 de marzo de 1878 Muxía |
| Falecemento: | 23 de xullo de 1963 Muxía |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | Poesía, novela, teatro |
Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra.
Índice |
Traxectoria[editar]
Emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, pois era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o bacharelato en Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito, licenciándose en 1899. Viaxou por Francia, Bélxica e Holanda, pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios.
Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á Guerra Civil (Escuma na Ribeira, Alento de Raza e De Outono) na escola do "Poeta da Raza", Ramón Cabanillas. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d'A Nosa Terra coa novela O Deputado de Beiramar. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática feminista. En 1963 viron a luz tres libros máis de poesía da súa autoría : Nemancos, Cintileos nas Ondas e Decrúa (este último póstumo).
López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en revistas e periódicos: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel.
Co triunfo do bando franquista foi depurado do seu posto de traballo como xuíz municipal suplente. Conta diso dá o seu expediente de incautación:
No 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Obra[editar]
Poesía[editar]
- Escumas da ribeira, 1911, Madrid.
- Alento da Raza, 1918, Madrid.
- Do Outono, 1924, Ronsel, A Coruña.
- Nemancos, 1929, Nós, A Coruña.
- Centileos nas ondas, 1958, Galaxia, Vigo.
- Decrúa, 1966, Ediciones Muxía, Bos Aires.
- Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca, 1971, Real Academia Galega, A Coruña.
- Antoloxía poética, 1995, Espiral Maior, A Coruña. Edición de Miro Villar.
- Bretemada, 2011, Alvarellos Editora. Orixinal inédito de 1922, en edición de Miro Villar.
Narrativa[editar]
- O diputado de Beiramar (1919).
- Vaosilveiro.
- Buserana (1925, Lar).
- A narrativa mariña (2012, Xerais).
Teatro[editar]
- María Rosa (1921).
Notas[editar]
- ↑ Luís Lamela. Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Ediciós do Castro.
| Predecesor: Marcial Valladares Núñez |
Día das Letras Galegas 1971 Gonzalo López Abente |
Sucesor: Valentín Lamas Carvajal |
|
||||||||