Ángel del Castillo López
Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.
[editar] Traxectoria
Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.
A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (1972). Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, publicada na revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.
| Predecesor: César Vaamonde Lores |
Cronista Oficial da Coruña 1942-1961 |
Sucesor: Juan Naya Pérez |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Cochón, I.: Diccionario da Literatura Galega. Galaxia, novembro de 1995. ISBN 84-8288-019-5.
- Díaz Pardo, I.: Diciopedia do século21. Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro, 2007. ISBN 84-8485-243-1.