Armando Cotarelo Valledor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armando Cotarelo Valledor
Armando Cotarelo Valledor
Nacemento: 22 de decembro de 1879
Veiga, Terra Eo-Navia Asturias Asturias
Falecemento: 8 de decembro do ano 1950
Madrid España España
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): Poesía, narrativa, teatro

Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga, Terra Eo-Navia, o 22 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un escritor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras en Madrid e foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas en Santiago de Compostela o ano 1904, membro da Real Academia Galega, a quen representou na Real Academia Española en 1929 xunto Ramón Cabanillas.

Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminario[1]. En 1925 trasladouse a Madrid e deixou a presidencia do Seminario.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1984.

[editar] Obra

[editar] Teatro

[editar] Narrativa

  • Palladys Tyrones (1919) (parte II da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809)
  • La enseña radía (1921) (parte I da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809)
  • El Pazo (1923).
  • Contos de Nadal colleitos do pobo (1927).

[editar] Poesía

  • Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (1931).

[editar] Notas

  1. Tobío, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
sen crear
Presidente do Seminario
de Estudos Galegos

1923-1925
Sucesor:
Salvador Cabeza de León


Predecesor:
Manuel Leiras Pulpeiro
Día das Letras Galegas
1984
Armando Cotarelo Valledor
Sucesor:
Antón Lousada Diéguez
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas