Borobó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, foi un escritor e xornalista galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Formouse en Filosofía e Letras e comezou no mundo do xornalismo en 1940 como colaborador de diferentes publicacións en Galiza e en Madrid.

Foi director do periódico galego La Noche, no cal deu cabida a novos escritores que acabarían sendo coñecidos polo alcume de Xeración 'La Noche'. Posteriormente ocupou a dirección de El Correo Gallego (1960), e máis tarde marchou novamente a Madrid para ocupar altos cargos en diferentes medios de comunicación. Na última parte da súa vida, retirouse a Trebonzos, unha pequena aldea de Boiro dende a que se ve a vila de Rianxo.

Pseudónimos e heterónimos [editar]

Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]