Emilio González López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio González López
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Emiliogonzalezlopez.jpg
Busto de Emilio González López na Coruña
Datos persoais
Nacemento 13 de novembro de 1903
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 10 de decembro de 1991 (88 anos)
Lugar Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua lingua castelá
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión historiador, político
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de novembro de 1903 e falecido en Nova York o 10 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra, na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xohán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na universidade de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas. Posteriormente foi gañando as mesmas cátedras de dereito penal na Universidade de Salamanca e na de Oviedo.

Participación política[editar | editar a fonte]

En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Española (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Gallega, posto que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Izquierda Republicana). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficiencia (1933) dependente do Ministerio da Gobernación de Santiago Casares Quiroga. En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia.

O estouro da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acude a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a prol do goberno democrático.

Exilio[editar | editar a fonte]

Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos, en Nova York, onde permanecerá ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de Historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1984 recibe a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia[1] e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.


Predecesor:
?
Cronista Xeral de Galicia
1991 - 1991
Sucesor:
Antón Fraguas

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais de multitude de artigos e colaboracións, esta é unha listaxe de monografías publicadas por Emilio González López[2]:

  • La antijuricidad (1929)
  • El espíritu universitario (1931)
  • Emilia Pardo Bazán, novelista de Galicia (1944)
  • Historia de la civilización española (1966)
  • El arte dramático de Valle-Inclán (Del decadentismo al expresionismo) (1967)
  • La teoría general del delito[Cómpre referencia]
  • Historia de la Literatura española: La edad moderna (siglos XVIII y XIX) (1965)
  • El arte narrativo de Pío Baroja: Las trilogías (1971)
  • Historia de la literatura española. Edad Media y Siglo de Oro (1972)
  • La poesía de Valle-Inclán. Del simbolismo al expresionismo (1973)
  • El águila desplumada (1977)
  • Galicia, su alma y su cultura(1978)
  • La Galicia de los Austrias (1980)
  • Historia de Galicia (1980)
  • Un gran solitario: D. Ramón de la Sagra, naturalista, historiador, sociólogo y economista (1983)
  • Historia del puerto de la Coruña, de la prehistoria a fines de la Edad Media: Magnum Portum Artabrorum, Brigantia, Flavia Brigantia, Farum Brigantium, Burgo de Faro, La Coruña (1985)
  • Las fronteras marítimas de Galicia. De la Prehistoria a la Edad Media (1985)
  • La Coruña, puerto y puerta de la ilustración (1987)
  • Luis López Ballesteros (1782-1853), ministro de Hacienda de Fernando VII (1987)
  • Memorias de un estudiante liberal (1903-1931) (1988)
  • Memorias de un diputado de las cortes de la república (1931-1936) (1988)
  • Galicia y la evangelización de América [Texto impreso] : las órdenes religiosas (1991)
  • Historia de la ciudad de La Coruña. La edad antigua y la media (edición póstuma en 1992)
  • La Iglesia gallega en la "Guerra de la Independencia" (edición póstuma en 1992)
  • Castelao, propagandista da República en Norteamérica, con Amado Ricón (edición póstuma en 2000)
  • El paso por Galicia de dos futuros presidentes de Estados Unidos: John Adams y su hijo John Quincy Adams (edición póstuma en 2005).

Historia de Galicia[editar | editar a fonte]

  • Grandeza y decadencia del Reino de Galicia (1957). Traducido ao galego por Francisco Fernández del Riego en 1978.
  • La insumisión gallega. Mártires y rebeldes (1963)
  • Siempre de negro. Galicia en la Contrarreforma: reinado de Felipe II (1970)
  • Los políticos gallegos en la corte de España y la convivencia europea. Galicia en los reinados de Felipe III y Felipe IV (1969)
  • Bajo la doble águila. Galicia en el reinado de Carlos V (1970)
  • El águila caída. Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II (1973)
  • Bajo las luces de la ilustración. Galicia en los reinados de Carlos III y Carlos IV (1977)
  • El alba flor de lis. Galicia en los reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI (1978)
  • El águila gala y el buho gallego: la insurrección gallega contra los franceses (1975)
  • Entre el antiguo y el nuevo régimen. Absolutistas y liberales: el reinado de Fernando VII en Galicia (1981)
  • El reinado de Isabel II en Galicia. La regencia de María Cristina: moderados, progresistas y carlista ' (1984)'
  • De Espartero a la revolución gallega de 1846. La buena y mala fortuna del progresismo gallego (1985)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]