Marilar Aleixandre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre
Nacemento: 1947
Madrid
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía, narrativa

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid en 1947, é escritora en lingua galega, tradutora e bióloga.

Índice

[editar] Traxectoria

De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu, Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid, pero dende 1973 reside en Galicia, onde adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental, dende 1988.

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de "Agardando polos morcegos". Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).

Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos "Lobos nas illas", sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco.

Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno.

Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da palabra silenciada, Dorna e El Signo del Gorrión. Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

[editar] Obra en galego

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

[editar] Literatura infanto-xuvenil

  • A formiga coxa, 1989, Edicións Xerais (Ilustracións de Fran Jaraba).
  • O rescate do peneireiro, 1990, Edicións Xerais, (Ilustracións de Fran Jaraba).
  • A expedición do Pacífico, 1994, Edicións Xerais.
  • O trasno de Alqueidón, 1996, Edicións Xerais (Ilustracións de Miguelanxo Prado).
  • A banda sen futuro, 1999, Edicións Xerais.
  • Paxaros de papel, 2001, Edicións Xerais.
  • Unha presa de terra, 2001, Ir Indo Edicións. (Ilustracións de Miguelanxo Prado).
  • El-Rei Artur e a abominable dama, 2001, Ir Indo Edicións.
  • Basilisa, a princesa sapiño, 2002, Galaxia.
  • O chápiro verde, 2003, Edicións Xerais.
  • O monstro da chuvia, 2003, SM (Ilustracións de Pablo Amargo).
  • A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, 2005, Tambre.
  • Rúa Carbón, 2005, Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo.
  • A cabeza de Medusa, 2008, Edicións Xerais.
  • Dez abellas na laranxeira, 2008, Edicións Xerais.

[editar] Ensaio

  • Traballando coas ciencias da Terra, 1995, Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
  • Dubidar para aprender, 1996, Edicións Xerais.
  • Terras de Compostela, 2009, AELG-Xunta de Galicia.

[editar] Obras colectivas

  • Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
  • Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
  • Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
  • Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
  • Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
  • Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
  • Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
  • De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.

[editar] Obra en castelán

[editar] Ensaio

  • Enseñar Ciencias, 2003, Graó (como coordinadora).

[editar] Premios

Recibiu os seguintes premios:

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas