José Martinho Montero Santalha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José-Martinho Montero Santalha
Nacemento5 de abril de 1947
Lugar de nacementoCerdido (A Coruña, Galiza)
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterPontificia Università Gregoriana (PUG), Roma
Ocupaciónprofesor universitario e lingüista
XénerosEnsaio, Poesía, Narrativa
EstudosTeoloxía, Filosofía, Filoloxía
editar datos en Wikidata ]

José Martinho Montero Santalha, nado en Cerdido o 5 de abril de 1947, é un teólogo e lingüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1957 ingresou no seminario diocesano de Mondoñedo, onde cursou os estudos de Humanidades e Filosofía. En 1965 iniciou os estudos de Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana (PUG) de Roma, onde se licenciou en Teoloxía en 1969, e seguiu despois os cursos de doutoramento, sendo profesor agregado na mesma Universidade Gregoriana nos cursos 1972-73 e 1973-74. Licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino de Roma. En 1971 foi ordenado sacerdote por Monseñor Miguel Anxo Arauxo, bispo da súa diocese de Mondoñedo-Ferrol, sendo a súa a primeira ordenación sacerdotal oficiada en lingua galega (os textos son adaptación e tradución do propio Montero).[1]

Durante a súa etapa en Roma foi membro fundador do grupo «Os Irmandiños», constituído por galegos residentes na cidade e preocupados pola recuperación do galego como lingua vernácula no eido da Igrexa Católica. Foi un dos autores e asinantes do Manifesto para a supervivência da cultura galega, publicado en 1974 nas revistas Seara Nova (de Lisboa, dirixida por Rodrigues Lapa), e Cuadernos para el diálogo (de Madrid).

Regresou a Galiza en 1974, establecéndose en Ferrol. Foi profesor de Teoloxía no ITC (Instituto Teolóxico Compostelán), que ten a súa sede no Seminario Maior (San Martiño Pinario) de Santiago de Compostela. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola UNED e no ano 2000 acadou o doutoramento pola Universidade da Coruña cunha tese sobre as rimas da poesía trobadoresca . Deu clases de lingua inglesa en Ferrol, e, desde 1994 ata a súa xubilación en 2017, de Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra.

Investigación lingüístico-literaria[editar | editar a fonte]

Aínda que desenvolveu actividades de estudo e investigación lingüístico-literaria en diversos campos da cultura galega (especialmente no relativo á cultura relixiosa), a súa especialidade, na que se engloba o maior número de traballos publicados, é a poesía trobadoresca galego-portuguesa, tanto a lírica profana (coa edición de varios trobadores) como as Cantigas de Santa Maria (das que, entre outros trabalhos, editou o texto crítico completo: Cantigas de Santa Maria (Texto crítico completo), 2021.[1]

Reintegracionismo[editar | editar a fonte]

Homenaxe a Carvalho Calero en 2008.

A súa obra está vinculada á defensa do reintegracionismo. Redactou unha proposta de unificación ortográfica desta corrente, publicada en 1976 na revista Grial co nome de Unificación ortográfica galego-portuguesa. Este texto recollía a proposta feita por Manuel Rodrigues Lapa de adoptar o portugués como forma literaria do galego, e, suxerindo un punto de encontro coas matizacións de Ramón Piñeiro, propuña como um primeiro paso para un proceso de reintegración lingüística galego-portuguesa un inmediato e progresivo achegamento ortográfico.

En 1994, nun artigo publicado na revista Temas do Ensino[2], defendeu a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa, que se fundou finalmente en Santiago de Compostela en 2008 e da que foi o primeiro presidente (2008-2016) e membro da comisión de lexicografía, amais de subdirector do Boletim da AGLP.

Participou na fundación da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.

Obra[editar | editar a fonte]

Foi membro fundador das revistas Boa Nova, O Tempo e o Modo, Agália, Estudios Mindonienses e Encrucillada, da que tamén foi membro da redacción. En 1977 gañou o Premio Fernández Latorre de xornalismo, concedido por La Voz de Galicia polo artigo "Integración lingüística galego-portuguesa". Participou na tradución do Novo Testamento ao galego.

Obra editada en libro[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Quince poemas seus aparecen no libro Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol (Félix Villares Mouteira, 2007). Deles, catro son de temática relixiosa (de Nadal), tres sobre a lingua galega, dous adicados ao Camiño de Santiago e dous sobre Pontevedra.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Oxalá voltassem tempos idos! Memórias de Filipe de Amância, pajem de Dom Merlim (Edicións Laiovento, 1994). [2]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Investigación[editar | editar a fonte]

As rimas da poesia trovadoresca galego-portuguesa: catálogo e análise (A Corunha, 2000). [5]

O nome da Galiza (GZe-ditora, 2005). [6]

O texto do testamento de 1214 de Dom Afonso II, rei de Portugal: Edições filológica, crítica e paleográfica (Santiago de Compostela: Academia Galega da Língua Portuguesa, 2015). [7]

Cantigas de Santa Maria (Texto crítico completo) (Perlio, 2021). [8]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra destacada en revistas[editar | editar a fonte]

  • "Na morte de Rodrigues Lapa". Artigo na revista Agália, nº 17, 1989.
  • As sete cantigas de amor de Dom Dinis do fragmento Sharrer. Agália, 1997. [9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Muñoz, Daniel (1989). O idioma da Igrexa en Galicia. Consello da Cultura Galega. ISBN 8487172504. 
  2. A Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]