Universidade da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade da Coruña
Logo udc.jpg
Localización: A Coruña / Oleiros / Ferrol
Reitor: Xosé Luís Armesto
Estudantes: 21.136 (Curso 2010-2011)[1]
Enderezo: Rúa da Maestranza, s/n. 15001 A Coruña
Páxina web: http://www.udc.es/

A Universidade da Coruña é unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, xestión e difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia. Foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña (A Maestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Bastiagueiro e Oza) e Campus de Ferrol (Esteiro e Serantes).

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

Índice

[editar] Historia

[editar] Distribución xeográfica

[editar] Centros na Coruña

[editar] Centros propios

[editar] Centros adscritos

  • Escola Univ. de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Turismo

[editar] Outros centros

  • CUFIE

[editar] Centros en Ferrol

[editar] Centros propios

  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Univ. de Enfermaría e Podoloxía
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Humanidades

[editar] Administración

[editar] Reitor

O reitor é a máxima autoridade da Universidade da Coruña. Ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. O seu mandato ten unha duración de catro anos con posibilidade de reelección.

[editar] Vicerreitorías

Os Vicerreitores coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico, baixo a autoridade do reitor. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes vicerreitorías:

  • Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
  • Vicerreitoría de Estratexia e Planificación Económica
  • Vicerreitoría de Ferrol e Relación Universidade-Empresa
  • Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental
  • Vicerreitoría de Profesorado
  • Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais
  • Vicerreitoría de Investigación
  • Vicerreitoría de Organización Académica e Titulacións

[editar] Normalización Lingüística

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade, en que se recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega tal e como establecen os seus estatutos. A través deste plano, a UDC vai pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución: cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa. Entre outras medidas que se recollen no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. No que lle toca ás materias, a UDC quere chegar a que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

O Plano de normalización veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005.

[editar] Titulacións oficiais

[editar] Graos

[editar] Área de Ciencias da Saúde

  • Grao en Enfermería (A Coruña)
  • Grao en Enfermería (Ferrol)
  • Grao en Fisioterapia
  • Grao en Podoloxía
  • Grao en Terapia Ocupacional

[editar] Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Grao en Ciencias Empresariais
  • Grao en Comunicación Audiovisual
  • Grao en Dereito
  • Grao en Economía
  • Grao en Educación Infantil
  • Grao en Educación Primaria
  • Grao en Educación Social
  • Grao en Logopedia
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (A Coruña)
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
  • Grao en Socioloxía
  • Grao en Turismo
  • Programa para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito

[editar] Área de Enxeñaría e Arquitectura

  • Grao en Arquitectura
  • Grao en Arquitectura Naval
  • Grao en Enxeñaría de Edificación
  • Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
  • Grao en Enxeñaría de Propulsión e Servizos do Buque
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica
  • Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto
  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
  • Grao en Enxeñaría Mariña
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
  • Grao en Enxeñería Informática
  • Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

[editar] Área de Artes e Humanidades

  • Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
  • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
  • Grao en Humanidades
  • Grao en Información e Documentación
  • Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

[editar] Área de Ciencias

  • Grao en Bioloxía
  • Grao en Química

[editar] Mestrados

[editar] Área de Ciencias da Saúde

  • Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria
  • Mestrado Universitario en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia
  • Mestrado Universitario en Intervención na Discapacidade e na Dependencia
  • Mestrado Universitario en Neurociencia
  • Mestrado Universitario en Xerontoloxía
  • Mestrado Universitario en Xestión e Investigación da Discapacidade e Dependencia

[editar] Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial
  • Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
  • Mestrado Universitario en Ciencias Documentais no Contorno Dixital
  • Mestrado Universitario en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea
  • Mestrado Universitario en Dirección e Planificación do Turismo
  • Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
  • Mestrado Universitario en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais
  • Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Artes (Artes Plásticas e Visuais)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais (Ciencias Experimentais)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais (Educación Física)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais (Tecnoloxía)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Formación Profesional (Formación Profesional e Orientación Laboral)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Formación Profesional (Sector Servizos)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Linguas e Literatura (Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá)
  • Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade Linguas e Literatura (Linguas Estranxeiras)
  • Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
  • Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral
  • Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas

[editar] Área de Enxeñaría e Arquitectura

  • Mestrado Interuniversitario de Investigación en Tecnoloxías da Información
  • Mestrado universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega
  • Mestrado Universitario en Computación
  • Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
  • Mestrado Universitario en Dirección integrada de proxectos
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría de Sistemas Informáticos
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría e Tecnoloxía Industrial
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Marítima
  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Matemática
  • Mestrado Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser
  • Mestrado Universitario en Investigación en Tecnoloxías Navais e Oceánicas
  • Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
  • Mestrado Universitario en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles
  • Mestrado Universitario en Urbanismo: Planos e Proxectos. Do Territorio á Cidade

[editar] Área de Artes e Humanidades

  • Mestrado Interuniversitario en Lingüística Galega
  • Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
  • Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
  • Mestrado Universitario en Patrimonio cultural: a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

[editar] Área de Ciencias

  • Mestrado Interuniversitario en Láseres e Aplicacións en Química (QUIMILASER)
  • Mestrado Universitario en Acuicultura
  • Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
  • Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
  • Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental
  • Mestrado Universitario en Física Aplicada
  • Mestrado Universitario en Química Ambiental e Fundamental
  • Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas

[editar] Plano antigo (en extinción)

[editar] Área de Ciencias da Saúde

  • Diplomatura en Enfermaría (A Coruña)
  • Diplomatura en Enfermaría (Ferrol)
  • Diplomatura en Fisioterapia
  • Diplomatura en Podoloxía
  • Diplomatura en Terapia Ocupacional

[editar] Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Diplomatura en Ciencias Empresariais
  • Diplomatura en Educación Social
  • Diplomatura en Logopedia
  • Diplomatura en Relacións Laborais (A Coruña)
  • Diplomatura en Relacións Laborais (Ferrol)
  • Diplomatura en Turismo
  • Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
  • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Licenciatura en Comunicación Audiovisual
  • Licenciatura en Dereito
  • Licenciatura en Dereito e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
  • Licenciatura en Economía
  • Licenciatura en Psicopedagoxía
  • Licenciatura en Socioloxía
  • Mestre, Especialidade en Audición e Linguaxe
  • Mestre, Especialidade en Educación Física
  • Mestre, Especialidade en Educación Infantil
  • Mestre, Especialidade en Educación Primaria

[editar] Área de Enxeñaría e Arquitectura

  • Arquitecto
  • Arquitecto Técnico en Execución de Obras
  • Diplomatura en Máquinas Navais
  • Diplomatura en Navegación Marítima
  • Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos
  • Enxeñeiro en Informática
  • Enxeñeiro Industrial
  • Enxeñeiro Naval e Oceánico
  • Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión
  • Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas - Especialidade en Construcións Civís
  • Enxeñeiro Técnico Industrial - Especialidade en Electricidade
  • Enxeñeiro Técnico Industrial - Especialidade en Electrónica Industrial
  • Enxeñeiro Técnico Naval - Especialidade en Estruturas Mariñas
  • Enxeñeiro Técnico Naval - Especialidade en Propulsión e Servizos do Buque
  • Licenciatura en Máquinas Navais
  • Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo

[editar] Área de Artes e Humanidades

  • Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación
  • Licenciatura en Documentación
  • Licenciatura en Filoloxía Galega
  • Licenciatura en Filoloxía Hispánica
  • Licenciatura en Filoloxía Inglesa
  • Licenciatura en Humanidades

[editar] Área de Ciencias

  • Licenciatura en Bioloxía
  • Licenciatura en Química

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Universidades galegas
Universidade de Santiago de Compostela (USC) | Universidade da Coruña (UdC) | Universidade de Vigo (UVi)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas