Xesús Ferro Couselo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Ferro Couselo
Xesús Ferro Couselo
Xesús Ferro Couselo (xardíns do Museo Arqueolóxico de Ourense).
Nacemento: 30 de xullo de 1906
Cordeiro, Valga, Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento: 23 de abril de 1975
Ourense Galicia Galicia
Lingua: Galego, castelán, portugués
Xénero(s): historía , investigación

Xesús Ferro Couselo, nado en Cordeiro, Valga o 30 de xullo de 1906 e finado en Ourense o 23 de abril de 1975, foi un historiador e investigador galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Fillo de Gumersindo Ferro Barreiro e María Couselo Bouzas e sobriño do sacerdote agrarista, cofundador do Seminario de Estudos Galegos e profesor do seminario de Santiago Xosé Couselo Bouzas, a partir de 1918 Xesús Ferro Couselo cursou estudos no seminario e desde 1926 asemade Filosofía e Letras, en Santiago, colabora co SEG onde fai amizade con Xaquín Lorenzo. En 1931 tras rematar os seus estudos teolóxicos co grao de doutor trasladouse a Vigo para dar clases nun colexio dos xesuítas, foi un dos fundadores da revista Logos e como delegado por Vigo participou na fundación do Partido Galeguista. Logo da expulsión dos xesuítas marchou en 1933 a Tui para ensinar no colexio Lábor e fundou a revista Tude (1934). O 1 de abril de 1935 afiliouse aos grupos galeguistas Ultreya.

Ferro Couselo estaba en Madrid cando estoupou a Guerra Civil española e inscribiuse nas Milicias Populares e na sección de ensino da CNT. Rematada a guerra, instalouse na súa casa natal do Novaíño e desde 1941 en Ourense, onde pasou o resto da súa vida como funcionario adscrito ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. Esta cidade fíxoo Fillo de Adopción. En 1942 creou o equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas. Pero Ferro Couselo non esqueceu o galeguismo político, en 1943 participou na xuntanza que se celebrou en Vigo para reorganizar o Partido Galeguista no interior e en 1950 foi un dos vogais do Consello de Administración que dirixía a Editorial Galaxia, clave para a recuperación do galeguismo cultural en Galicia.

En 1951 ingresou na Real Academia Galega, en 1963 entrou a formar parte do consello de redacción da revista Grial, ano en que xunto co autor da idea Francisco Fernández del Riego e mais Manuel Gómez Román propuxo que a Real Academia Galega instituíra a data do 17 de maio como Día das Letras Galegas. Foi presidente da Asociación Cultural Auriense (1969-1973), en 1971 creou o Boletín Auriense, publicación histórica de grande importancia e en 1972, polo seu labor científico, recibiu a Encomenda de Afonso X o Sabio.

Ten unha extensa bibliografía composta de 121 traballos dos cales hai 5 escritos en portugués e 14 en lingua galega; os restantes están redactados en castelán.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1996.

Obras destacadas en galego [editar]

Ensaio [editar]

  • O Xénesis e as primeiras dispersións dos pobos (1931-32).
  • Grandeza e fin da case e torre de Marceo (1952).
  • O Deus Bandua da Veiga (1956).
  • Cómo e por qué os escribanos deixaron de empregar o galego (1958).
  • A vida e fala dos devanceiros (Escolma de documentos galegos dos séculos XIII e XVI). (1967, Galaxia).
  • O Magosto do Señor San Martiño (1967).

Obras colectivas [editar]

Obras destacadas en castelán [editar]

Ensaio [editar]

  • Los petroglifos de término y las insculturas rupestres en Galicia (1952, edición do autor), tese de doutoramento lida en 1946.
  • Del Orense monumental (1964).
  • Las obras del convento e iglesia de Montederramo en los siglos XVI y XVII. Separata do Tomo I do Boletín Auriense. Ourense (1971).

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Predecesor:
Rafael Dieste
Día das Letras Galegas
1996
Xesús Ferro Couselo
Sucesor:
Ánxel Fole