Antonio Pernas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.[1]
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou enxeñería na universidade.
Comezou cun pequeno taller no que facía uniformes para a mariña e abrigos de muller. Nos anos 70 creou a primeira colección en colaboración coa súa muller María Freire. Dende o ano 1991 as súas creacións teñen desfilado na Pasarela Cibeles. No ano 1992 abriu a primeira tenda na Coruña, que chegarían a ser máis de vinte por toda España, e catro no estranxeiro (Andorra, Grecia, Líbano e México). En 2005 a marca Antonio Pernas foi adquirida polo Grupo Caramelo.
Pernas ten defendido a idea de que os estudos de moda se integren nos programas das universidades públicas.[2]
[editar] Premios
- Recibiu a Medalla Castelao en 1996.
[editar] Notas
- ↑ Antonio Pernas a fondo en El País (en castelán).
- ↑ ... pide en la UIMP que la moda se integre en la Universidad pública española, 28-07-2008, Universidad Internacional Menéndez Pelayo (en castelán).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Diciopedia do século 21, Dicionario enciclopédico da língua galega e da cultura universal ilustrado, ed. do Cumio, Galaxia e do Castro, 2007.