A Roda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Roda en concerto en 2007

A Roda é un grupo de música tradicional galega.

[editar] Traxectoria

A Roda naceu en 1976, durante a transición, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. O seu primeiro disco , que incluía clásicos como "Pousa, pousa", "O andar miudiño" e "O gato", foi un éxito de vendas (ademais de conseguir o premio da crítica galega).

No seu seu segundo LP, Falemos galego, incluíanse as coñecidas Foliada do Celta e Falemos galego. O terceiro, Pra os amigos, seguiu a liña dos anteriores. Foi a aprtir de entón que comezaron a tocar por toda Galiza e por Centros Galegos na diáspora, como Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña ou Bélxica.

Logo dunha longa etapa sen gravar, en 1990 presentaron Os mariñeiros, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga "Os bistéqueles". Dous anos máis tarde, en 1992, apareceu o seu quinto traballo, Eu teño un compadre, que significou un punto de inflexión na formación, entón renovada e baixo outra dirección. Comezan a compor temas propios ("A gaivota")e a musicar textos literarios, como "Eu teño un compadre", de Fermín Bouza Brey. En 1993 apareceu o primeiro recompilatorio, A Roda rodando. En 1995 apareceu a escolma Lembranzas.

En 1996 editouse Na branca noite, como homenaxe á importancia do xénero das panxoliñas no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral.

[editar] Discografía

  • A Roda (1977)
  • Falemos Galego, (1979)
  • Pra os Amigos, (1980)
  • Os mariñeiros, (1990)
  • Eu teño un compadre, (1992)
  • A Roda Rodando, (1993)
  • Lembranzas, (1994)
  • Os Quintos, (1995)
  • Na Branca Noite, (1996)
  • Galicia terra única, (1997)
  • Onde Galicia é Portugal, (1998)
  • R. C. Celta - A Roda, (1999)
  • Aí o vén, (1999)
  • O son do camiño, (2004)
  • A Roda alalá adora, (2006)

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas