César Antonio Molina
| César Antonio Molina | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 14 de setembro de 1952 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | PSdeG-PSOE | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Ministro de Cultura (2007 - 2009) | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Escritor | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.
Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.
En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes e o 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.
En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.
Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura.
Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-Sinde[2]. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour[3], e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.
[editar] Carreira literaria
Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.
[editar] Libros publicados
[editar] En galego
[editar] Poesía
- A fin de Fisterra. Edición bilingüe galego-castelán. Ferrol: Sociedade de Cultura Valle Inclán, 1988. 50 p.
- Prensa literaria en Galicia (1809-1920). Vigo: Edicións Xerais, 1989. 380p.
- Prensa literaria en Galicia (1920-1960). Vigo: Edicións Xerais 1989. 715 p.
- A fin de Fisterra [poesía]. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2001. 47 p.
- Soños nos cantís. Antoloxía poética 1974-2005. A Coruña: Espiral Maior, 2006, 198 p.
- Eume. Vigo: Editorial Galaxia, 2007, 146 p.
[editar] Obras colectivas
- Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
[editar] En castelán
- Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p.
- Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p.
- Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p.
- La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p.
- La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p.
- Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p.
- Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía)
- Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p.
- Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p.
- Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p.
- Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.
- Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p.
- Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p.
- Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p.
- Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p.
- A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p.
- Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p.
- Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p.
- Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p.
- En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p.
- En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p.
- Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p.
- El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006
[editar] Notas
- ↑ Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina.
- ↑ Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.
- ↑ "César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»", entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 (en castelán).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Predecesor: Jon Juaristi |
Director do Instituto Cervantes 2004 - 2007 |
Sucesor: Carmen Cafarell |
| Predecesor: Carmen Calvo |
Ministro de Cultura de España 2007 - 2009 |
Sucesor: Ángeles González-Sinde |