Xosé Luís Franco Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Luís Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande no Abril Oteriano 2018 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Tebra, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosRosalía (1967) e Navia (1973)

Dialnet: 1233195
Placa conmemorativa instalada na súa casa de Vigo

Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936[1] e finado en Vigo o 31 de marzo de 2020,[2] foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan títulos como Vieiro choído, Entre o si e o non ou o Diccionario galego-castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e vila natal[editar | editar a fonte]

A súa infancia e primeira xuventude transcorreron en Tebra, onde os seus pais eran mestres de primeiro ensino. O seu pai era Avelino Franco[3]. Estudou o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo, onde coincidiu con Bernardino Graña.[4][5] O seu imaxinario popular dos seus eidos nativos tingue a totalidade da súa obra literaria. Intimista, pero tamén descritivo, aborda con lirismo a paisaxe da súa infancia, superando, segundo estudosos da súa obra "a tódolos escritores da súa xeración". A súa vila natal, Tomiño estará presente de forma directa ou indirecta en todas as súas obras. Nesta contorna xeográfica recolleu moitas variantes dialectais que incorporou na súa obra Diccionario galego-castelán.[6]

Estudos e activismo[editar | editar a fonte]

Comezou Filosofía e Letras e despois licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí coñeceu a Ramón Lugrís que o poñerá en contacto con outros galeguistas[7] Comezou a exercer a profesión de avogado na Coruña (con Sebastián Martínez-Risco) e despois en Vigo[5] e ata a súa xubilación en xuño de 2001 foi asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo, logo Caixanova.[8] Foi varias veces galardoado nas Festas Minervais e obtivo tamén o Premio Eduardo Pondal do Centro Gallego de Buenos Aires[9].

Diccionario galego-castelán, Galaxia, 1968.

Para entender o papel de Franco Grande nas letras galegas é imprescindible saber que el e a súa xeración son a ponte entre a Xeración Nós, moitos deles mortos, e outros, os sobreviventes sometidos á crueldade da represión franquista. A Xeración Galaxia, como se deu en chamar a estes sobreviventes do galeguismo da posguerra, conforma unha nova xeración de mozos forxados na Universidade compostelá na continuación do labor regaleguizador iniciado no primeiro terzo do século XX.[6] Franco Grande tivo unha participación decisiva no traballo que desenvolveu a Editorial Galaxia. O seu libro Os anos escuros relata con migalleira análise ese proceso no que van xurdindo novos valores, tanto no ámbito literario como na dinamización cultural e política.

Xosé Luis Franco Grande cos Reis de España

Creador literario[editar | editar a fonte]

A obra literaria de Franco Grande abrangue tódolos campos, iniciándose durante a súa etapa de estudante en Compostela, onde obtén en cinco ocasións o primeiro premio e a flor natural nas Festas Minervais. Con 19 anos de idade, o Centro Gallego de Buenos Aires outorgoulle o Premio Eduardo Pondal polo seu libro de poemas Brétemas do vieiro (inédito);[10] en 1957 publicou a peza teatral Vieiro choído.[9] O seu libro de poemas Entre o si e o non (1967) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura "Rosalía de Castro".[11] No 1968 publicou a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o Diccionario Galego-Castelán publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968. Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde cando se incorpora o estudo da lingua galega no sistema educativo. Ese dicionario foi un instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas tivesen a oportunidade de coñecer a lingua galega.[12] Esta obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco Grande" como unha denominación que marcou unha época. Pertence a Xeración das Festas Minervais e ó movemento literario Escola da Tebra.[10]

Son salientables os milleiros de colaboracións como articulista nos medios de comunicación, sempre defendendo a identidade galega e as súas manifestacións culturais (La Noche, Ínsula, Aturuxo, Vida Gallega, Grial, La Voz de Galicia, Boletín da Real Academia Galega etc.).

Escribiu artigos en revistas especializadas sobre Sebastián Martínez-Risco, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Pondal, Xaime Isla Couto, Camilo Gonsar, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Landeira Yrago[13]

Entre o si e o non incluíuse na Biblioteca Galega 120.

Foi autor de varias pezas teatrais, e cultiva tamén o ensaio e a crítica literaria. A proposta de Ramón Piñeiro, Marino Dónega e Domingo García-Sabell, ingresou na Real Academia Galega en 1978, pronunciando o 3 de xullo de 1998 o discurso de ingreso O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño,[14][15] que foi respondido por Luz Pozo Garza.[16] No ano 2021, a Real Academia Galega conmemorou o Día da Poesía coa súa obra.[17]

Lexicógrafo[editar | editar a fonte]

No 1968 publicou a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o Diccionario Galego-Castelán publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968. Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde cando se incorpora o estudo da lingua galega no sistema educativo. Ese dicionario foi un instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas tivesen a oportunidade de coñecer a lingua galega.[12] Esta obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco Grande" como unha denominación que marcou unha época.

Dinamizador cultural[editar | editar a fonte]

O labor do tomiñés non só se limitou a traballar no campo da literatura. Dirixiu un espazo radiofónico -Raíz e Tempo-[18] que emitía semanalmente na emisora "La Voz de Vigo" nunha franxa horaria de moita audiencia; participou como fundador da Asociación Cultural de Vigo, a única asociación de marcado carácter galeguista creada na década dos anos sesenta; neste período Cintia, unha cantautora catalá, gravou na discografía Digsa, o poema "Venceremos Nós" (Joan Baez, Xosé Luís Franco Grande, Xosé Manuel Beiras). Anos despois converteuse no himno das mobilizacións estudantís que se produciron en Santiago de Compostela no 1968 contra o franquismo. Foi conferenciante e participou na creación do Partido Socialista Galego na clandestinidade.[6] Formou parte do consello reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María dos Anxos Barreiro e tivo dúas fillas, Rosalía (avogada) e Navia (xornalista),[20] e catro netos. O seu nome aparecerá nas "listas de sangre" do 23F, como un dos 500 nomes galegos que debían ser represaliados no caso de que triunfase o golpe de Tejero.[21]

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Vocabulario galego-castelán (1972). Galaxia.

Dicionarios[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960) (1985) Xerais. Reeditado en 2004 en Galaxia: Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, 472 páxs. ISBN 978-84-8288-737-1.
  • A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Baixeras (1991). Edicións do Cumio. 240 páxs. 84-87126-37-5.
  • Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura (2001). Ir Indo. ISBN 9788476803332.
  • Outra política para outros tempos (2013). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-493-6.
  • A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos (2019). Libro dedicado á amizade. Galaxia. 308 páxs. ISBN 978-84-16545-37-7.

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Epistolario[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Placa en Redondela.[25]
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa, 2016, IGADI.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández del Riego 1992, p. 160.
  2. "Morre Xosé Luís Franco Grande aos 84 anos de idade". Praza.gal. 31/3/2020. 
  3. "Un empresario maderero hecho a sí mismo, dueño del castillo medieval de Tebra". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-04-19. Consultado o 2021-04-20. 
  4. Méndez Ferrín 1984, p. 300-301.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Vilavedra 1995, p. 240.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Franco Grande. Un mar de palabras" (PDF). Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. 14/1/2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01/03/2020. Consultado o 01/03/2020. 
  7. "Xosé Luís Franco Grande". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 01/03/2020. Consultado o 1/3/2020. 
  8. "Ficha do autor". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 1/3/2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Franco Grande, X.-L. (1957). Vieiro choído. Editorial Galaxia. 
  10. 10,0 10,1 "A Escola da Tebra". literaturagalega.as-pg.gal. AS-PG. Consultado o 1/3/2020. 
  11. 11,0 11,1 "Letras galegas. O premio Rosalía de Castro". Grial (19): 84–87. 1968. 
  12. 12,0 12,1 Ferro Ruibal, Xesús. "O 'Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego' (1968) de Franco Grande". RAG. Consultado o 1/3/2020. 
  13. "X. L. Franco Grande". Dialnet (en castelán). Consultado o 1/3/2020. 
  14. "Franco Grande, Xosé Luis". AS-PG. Consultado o 1/3/2020. 
  15. O Antigo Réxime nunha familia do Baixo Miño. 
  16. "Membros da Academia". RAG. Consultado o 1/3/2020. 
  17. "Versos de Xosé Luís Franco Grande para celebrar o Día da Poesía". La Voz de Galicia. 
  18. Alonso, Sara (15/1/2012). "Mar de palabras para Franco Grande". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 1/3/2020. 
  19. "Consello reitor". IGADI.org. Consultado o 1/3/2020. 
  20. Barrera 2002, p. 225.
  21. "Izquierdistas, nacionalistas y sindicalistas figuraban en las listas de personas a "controlar" por los implicados en el golpe". Domingo, 24 de febreiro de 1991. p. 20. Consultado o 10 de outubro de 2020.  Require subscrición.
  22. "Galaxia homenaxea a Franco Grande publicando unha edición facsímile de «Vieiro Choído»". La Voz de Galicia. 13/4/2018. Consultado o 1/3/2020. 
  23. Vilavedra 2000, p. 171-172.
  24. Imaxe da portada
  25. 25,0 25,1 Homenaxe a Xosé L. Franco Grande Fundación L. Peña Novo, 6/6/2016.
  26. "Goián, Tomiño: nomeamento oficial de Xosé Luís Franco Grande como fillo predilecto de Tomiño". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Consultado o 1/3/2020. 
  27. "Versos de Xosé Luís Franco Grande para celebrar o Día da Poesía". La Voz de Galicia. 
  28. "Xosé Luís Franco Grande dará nome ao Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega da Universidade de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-05. Consultado o 2022-03-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]