Xesús Ferro Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón, Moraña, o 28 de setembro de 1944, é lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Rematou os estudos de Filoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969. Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra esta última pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.

O 17 de xuño de 1995 foi elexido membro numerario da Real Academia Galega, a proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga, e ingresou o 4 de maio de 1996. Como cabía esperar, o seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre [1], e foi respondido por Carlos Casares.

Desde o ano 2000 dirixe o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 12 (2010).

No 2008 recibiu o Premio Lois Peña Novo [2].

Do 2007 ao 2011 dirixiu e presentou na Televisión de Galicia 470 programas de Ben falado!, microespazo de cinco minutos de duración dedicado á lingua galega.

No persoal, Xesús Ferro está casado e ten dous fillos.

[editar] Obra

  • "Dido e Eneas. Xénese, nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida", en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 1983.
  • Refraneiro galego básico, Galaxia 1987.
  • A Igrexa e a lingua galega, 1988, Consello da Cultura Galega.
  • Latín de onte a hoxe, Xerais 1989 (en colaboración).
  • "Lingua galega e relixión", en Grial 107, 1990, 335-357.
  • Os papiros do Medulio, Contos do Castromil nº 28, 1992.
  • Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo 1992 (en colaboración)
  • Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1995 (en colaboración)
  • "Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 35-58 (en colaboración).
  • "Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 173-343 (en colaboración).
  • "Explicitación e implicitación fraseolóxica. Notas galegas", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 57-80.
  • "Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 2006, 179-264.
  • O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9 (en colaboración) [3].

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas