Academia Galega da Língua Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) é unha institución científica e cultural galega[1] constituída como fundación de utilidade pública coa misión de «promover o estudo da lingua da Galiza[2] para que o proceso da súa normalización e naturalización sexa congruente cos usos que vigoran no conxunto da Lusofonía»[3]. A AGLP foi recoñecida co estatuto de Observador Consultivo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, e converteuse por tanto na primeira entidade con esta atribución sen sede nun dos estados membros.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

A idea de crear unha Academia destas características xa fora enunciada no seu día polo catedrático Ricardo Carvalho Calero, e posteriormente defendida polo profesor José Martinho Montero Santalha nun artigo publicado en 1994 na revista Temas do Ensino[5] e, máis recentemente, nunha intervención en Bragança (Portugal, en outubro de 2006 (no marco do V Coloquio Anual da Lusofonía) [6]

Para facer efectiva a proposta, o 1 de decembro de 2007 creouse a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa en Santiago de Compostela[7]. Finalmente, o 20 de setembro de 2008 creouse formalmente a AGLP [8].

En 2011 o seu presidente era o profesor José-Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo.

Composición da Academia Galega da Língua Portuguesa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AGLP
  2. Segundo a tese defendida pola AGLP, a lingua de Galiza é o portugués.
  3. BOE, 29 de abril de 2011.
  4. Resolução sobre a Concessão da Categoria de Observador Consultivo da CPLP, XVI Reunião Ordinária do Conselho de Ministros da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Luanda, 22 de Julho de 2011
  5. A Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149).
  6. Um novo projecto: a Academia Galega da Língua Portuguesa in Galiza: Berço da Lusofonia. Actas do V Coloquio Anual da Lusofonía. Helena e Chrys Chrystello (org). Arcos online (Ed). Bragança, 2-4 de outubro de 2006, p. 199.
  7. Constitúese en Compostela unha asociación co obxecto de impulsar a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa no xornal Galicia-Hoxe, 06.12.2007.
  8. Unha nova academia galega tenta a confluencia co idioma portugués no xornal [[La Voz de Galicia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]