Manuel Curros Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Curros Enríquez
Curros - henriquez.jpg
Retrato de Manuel Curros Enríquez.
Datos persoais
Nacemento 25 de setembro de 1851
Lugar Celanova, Ourense Galicia Galicia
Falecemento 7 de marzo de 1908, (56 anos)
Lugar Habana Flag of Cuba.svg Cuba
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, novela, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1967.

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

Biografía[editar | editar a fonte]

Curros como bardo no monumento de Asorey.

Curros Enríquez naceu en Celanova no 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso-Melide) e de Petra Enríquez (de Vilanova dos Infantes). A pesar de que certos biógrafos indican que seu pai era un carlista, que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. No tocante ás relacións pai-fillo, se ben que semella que, efectivamente, foron difíciles, convén desterrar definitivamente aquela imaxe duns maltratos que non se axustan á realidade. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar Dereito aínda que non rematou.

Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán, El Maestre de Santiago. Dende 1871 viviu con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez (natural de Pobra de Seabra), coa que tivo un fillo en 1873 e coa que casa no 1877 aínda que se acabrá divorciando máis tarde. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte. Sucedeulle na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía habitación segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).

No 1877 gaña un certame poético en Ourense cos poemas Unha boda en Einibó, O Gaiteiro de Penalta e "A Virxe do Cristal". Esta vitoria determinouno como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal El Trabajo.

Aires d'a miña terra[editar | editar a fonte]

S'eu fixen tal mundo que o demo me leve.

En 1880 publicou Aires d'a miña terra, libro de poemas no que pon de manifesto o seu anticlericalismo ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outras cousas escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o 28 de agosto dese mesmo ano 1880 o bispo de Ourense Cesáreo Rodrigo Rodríguez condena e reproba o libro por conter "proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e 4 meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña.

Perdido o posto de traballo en facenda, volta a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano, e en 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de El País e en agosto de 1888 apareceu O divino sainete, que pasou desapercibido para a crítica galega polo seu ton anticlerical.

Curros na emigración[editar | editar a fonte]

En 1894 decide emigrar cara a América. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na Habana dirixe un xornal, La Tierra Gallega e cando se suspendeu a súa publicación ingresou na redacción de El diario de las Familias e despois na do Diario de la Marina, no que apoia os autonomistas cubanos, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En 1904 viaxa á Coruña, onde foi agasallado polos rexionalistas e inicia xunto con Manuel Murguía a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. De volta á Habana, retoma as súas actividades no Diario de la Marina.

Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do Centro Galego e alí morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia onde chegan o 31 de marzo á cidade da Coruña na que é enterrado no cemiterio de San Amaro, non sen polémica entre os que querían unha cerimonia relixiosa e outros que querían un enterro civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 31 de marzo de 1908 para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na nosa historia.

Obras[editar | editar a fonte]

O divino sainete.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Francisco Añón Paz
Día das Letras Galegas
1967
Manuel Curros Enríquez
Sucesor:
Florentino López Cuevillas