Vicente Araguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente Araguas
Vicente Araguas (AELG)-1.jpg
Naceu 24 de setembro de 1950 (63 anos)
Orixe Xuvia, Neda Galicia
Relacionado con Voces Ceibes

Vicente Araguas, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Santiago de Compostela na facultade de Filosofía e Letras (Filoloxía Inglesa) carreira na que se licenciou. En 1968 deu os seus primeiros recitais como cantautor, ao tempo que participou nas manifestacións universitarias que se realizaron nese ano en Compostela. No seu primeiro disco (1968) gravou as cancións Agora, Poema triste, A cea e Os corpos (texto de Alfredo Conde). No segundo disco (1970) gravou O camaleón e A Léo Ferré, compañeiro e participou no disco colectivo Cerca de mañana (1972). No curso 1972-1973 deu clases de lingua castelá en Glasgow, e foi alí onde comezou a escribir os seus primeiros poemas que formarán Paisaxe de Glasgow. Desde setembro de 1974 reside en Madrid.

Actualmente exerce a docencia no centro educativo Logos (en Las Rozas). Comparte a actividade docente coa de crítico literario en Leer e Revista de Libros e columnista en Diario de Ferrol, La Región e El Correo Gallego. Por esta última actividade acadou o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo. Ademais Vicente Araguas é Pedrón de Honra, Insignia de Ouro de Ferrol e Fillo Predilecto de Neda. Os seus poemas están en diferentes escolmas de poesía galega, a última, Poetízate, tendo sido traducido ao italiano por Emilio Coco, ao catalán por Manuel Costa-Pau e ao inglés por Mike Warren-Piper. Últimamente acadou o Premio Patrimonio Musical de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Paisaxe de Glasgow, 1978, Edicións Castrelos.
  • Ás veces en domingo abonda coa tenrura, 1980, Edicións Castrelos.
  • Poemas pra Ana Andrea, 1982, Editorial Analecta.
  • Xuvia, 1984, Brais Pinto.
  • Caleidoscopio, 1988, Edicións Río Xuvia.
  • Oficio de ollar, 1992.
  • Campo santo, 1994, en colaboración co gravador portugués Manuel Patinha.
  • O gato branco, 1995, Espiral Maior.
  • Billarda, 1999, Huerga y Fierro (antoloxía de poemas, galego-español).
  • Río Matinal, 2000, Espiral Maior.
  • Maneiras de querer, 2005, Espiral Maior (poesía completa).
  • Vintecatro maneiras de querer a Brian, 2008 (edición bilingüe, galego-español).
  • Xuvia revisitada, 2008, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Cando fóramos nevar, 2013, Colección Soláster.
  • Guarda che luna!, 2013, Libros de Ariadna.
  • No se llora con la boca llena (Como un verano en Neda), 2014, Sial/ Pigmalión

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Voces Ceibes, 1991, Xerais.
  • Miudiño, Escolma (2001-2012), 2013, Embora

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Agora xa foi, 2000, Laiovento.
  • A canción do verán, 2001, Ir Indo.
  • Xuvia-Neda, 2010, Xerais. Relatos. Versión en castelán de Andrea Araguas Baliño, 2013, Huerga y Fierro.
  • Ada y los ratones colorados. 2013. Edicións Embora. Ilustracións: Carmen Fernández Cornejo.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Poesía gallega de hoy, 1990, Visor.
  • Fin de un milenio, 1991, Ediciones Libertarias. Poesía.
  • Celso Emilio Ferreiro: Unha fotobiografía, 1989, Xerais.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Edicións Río Xuvia. Poesía.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Relato.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • Seis ferroláns (Vicente Araguas, "Semana Santa Ferrolana"), 2003, Edicións Embora. Relato.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Poesía.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
  • Poetes gallecs d´avui (antologia), Fátima Rodríguez i Xabier Queipo, antólegs, Costa-Pau Manuel, traductor, 2008, Libres del Segle. Poesía.
  • A los cuatro vientos, 2010, en colaboración con José Ignacio Cadenas, Limam Boicha, Antonio Polo e Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Poesía.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña. Crítica literaria.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord. Poesía.
  • Huevos revueltos, 2012, en colaboración con José Ignacio Cadenas, José Ángel F. Colón, Antonio Polo, Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Narrativa breve (Vicente Araguas, El mundo erótico del sexo).
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
  • Filografias, 2013, Lastura.
  • Los mejores poemas de amor, Antonino Nieto (coord), Pigmalion, 2013.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • As aventuras de David Balfour, de Robert Louis Stevenson, 1986, Xerais (narrativa).
  • Retrato do artista cando novo, de James Joyce, 1994, Laiovento (narrativa).
  • Antología poética, de Celso Emilio Ferreiro, 1994, Visor (poesía)
  • Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana, 1996, Huerga y Fierro (narrativa).
  • Traballo de campo, de Seamus Heaney, 1996, Xerais (poesía).
  • Verano, de Derek Walcott, 1999, Huerga y Fierro (poesía)
  • Antología, de Nuno Júdice, 2003, Visor (poesía)
  • Antología poética, de Mário Cesariny, 2004. Visor (poesía)
  • El viajero afortunado, de Derek Walcott, 2003, Huerga y Fierro (poesía).
  • Quiebros, de Vittorio Gassman, 2006, Visor (poesía).
  • Poemas de amor para mujeres borrachas, de Alberto Calligaris, 2012, Huerga y Fierro (poesía).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]