Gonzalo Rodríguez Mourullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Rodríguez Mourullo
Biografía
Nacemento17 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Balcaide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Rodríguez Vázquez Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 45157

Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935[1], é un escritor, avogado e xurista galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de José Rodríguez Vázquez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na cal tamén se doutorou en 1959 con Premio Extraordinario, coa tese "Hurto y robo en el derecho español". En 1967 obtivo, por unanimidade e co número un, a Cátedra de Dereito Penal na Universidade de Oviedo. Posteriormente foi titular na Universidade de Santiago de Compostela (1970) e na Universidade Autónoma de Madrid desde 1970. Foi Decano da Facultade de Dereito desta última. En 1971 fundou o "Estudio Jurídico Rodríguez Mourullo".

Por resolución ministerial, foi nomeado Relator Xeral da Comisión redactora do Proxecto do novo Código penal de 1980. Así mesmo, tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de 1995. Actuou como avogado defensor de Emilio Botín no xuízo por xubilacións millonarias, no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego Pablo Crespo durante a investigación da trama Gürtel.

Ten publicados numerosos artigos en publicacións como a Revista Jurídica de Catalunya ou Poder Judicial, así como colaboracións en obras colectivas e dirección de teses. Dende 2009 é Profesor Emérito da Universidade Autónoma de Madrid.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Dende moi novo escribiu relatos curtos, algúns publicados na revista Vamos do colexio Minerva de Compostela (actualmente, Colexio Manuel Peleteiro). Tamén colaborou no xornal vespertino La Noche, na sección ‘Letras estudiantiles’.

En 1954 publicou Nasce unha árbore, ano en que obtivo o primeiro premio de contos do Centro Galego de Bos Aires. En 1956 publicou Memorias de Tains, galardoado nas Festas Minervais. Estas obras, de influencia kafkiana, sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega, o que deu orixe á Nova Narrativa Galega. Porén, Mourullo deixou de escribir e rompeu relacións co sistema literario galego.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio José Calvo Sotelo ao mellor expediente da súa promoción en 1957
  • Madrigallego de Oro al mérito jurídico de 2000, da Enxebre Orde da Vieira
  • O 18 de febreiro de 2002 tomou posesión como Académico de Número na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España.
  • Medalla Castelao da Xunta de Galicia en 2003, pola súa achega ás ciencias xurídicas
  • Insignia de Oro en 2016, da Asociación de Médicos Gallegos (Asomega), pola súa achega ao Dereito Penal e o seu labor a prol da cultura galega
  • Premio Montero Ríos en 2010, da Asociación de Juristas Gallegos, en Madrid, pola súa relevante actividade no eido do Dereito
  • Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort en 2016, do Ministerio de Xustiza español
  • O 9 de novembro de 2017 tomou posesión como Académico de Número na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. O seu discurso de ingreso, “Algunas consideraciones sobre el principio de la legalidad y otros principios básicos del derecho penal", foi respondido polo Excmo. Sr. D. Antonio Fernández de Buján y Fernández.
  • Premio ‘Una vida dedicada al Derecho’, da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado con Matilde Otero Varela e son pais de Gonzalo, Alberto, Pablo e Laura Rodríguez-Mourullo Otero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo.
  2. «A literatura axúdame no Dereito», entrevista en La Voz de Galicia, 6-2-2002, p. 34.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario da literatura galega I Autores. Vigo: Galaxia. 1995. ISBN 84-8288-019-5.