Francisca Herrera Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisca Herrera Garrido
Francisca Herrera Garrido
Nacemento: 1869
A Coruña Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 4 de novembro de 1950
A Coruña Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): Poesía, novela

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña en 1869 e finado o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Índice

[editar] Traxectoria

Nada na rúa do Príncipe, nunha familia da alta burguesía coruñesa. Foi filla de Manuel Herrera Hernández e Josefa Garrido Matos, filla esta de Andrés Garrido, un banqueiro local. Viviu na súa cidade natal até agosto de 1909, cando marchou cunha irmá a Madrid, voltando no verán e no Nadal a Galicia, concretamente en Oleiros ata que no transcurso da Guerra Civil española volta definitivamente á Coruña.

Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora, destacando nos seus ataques ás mulleres feministas que loitaban por conseguir o sugraxio feminino. Igualmente, nos seus textos deixa claras as diferenzas de deberes e dereitos entre señores e campesiños.

Alumna e amiga de Rosalía de Castro, foi unha escritora autodidacta aínda que segue o estilo literario daquela. Escribiu case toda a súa obra en galego así como algunhas novelas en castelán (Pepiña, Réproba e Familia de lobos) e a súa temática céntrase no ruralismo, a muller como nai, e a renuncia feminina. A súa obra amosa unha gran riqueza lingüística, cun galego rico e coidado.[1]

Como xa se dixo, foi a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG, o 4 de marzo de 1945, ocupando o lugar de Lisardo Rodríguez Barreiro, que morrera en 1943. Non chegou a ler o seu discurso de ingreso, sobre Rosalía e os poetas da raza, polo retraso inexplicable do presidente da Academia en mandarllo ao académico Couceiro Freijomil, para que redactase a resposta, e a demora deste para entregala na Academia, cousa que non fixo ata o 28 de febreiro de 1949.

[editar] Obra

  • Sorrisas e bágoas (poemario en galego; Madrid, 1913).
  • Almas de muller...¡volallas na luz! (poemario en galego; A Coruña, 1915).
  • Frores do noso paxareco (poemario en galego; ¡Terra a Nosa! nº 11, A Coruña, 1919).
  • Néveda (novela en galego, 1920).
  • A neta de naipera (novela en galego; Nós, 20 de agosto de 1921).
  • A ialma de Mingos (novela en galego; Editorial Céltiga, 1922).
  • Pepiña (novela en castelán, 1922).
  • Martes de Antroido (novela en galego; Lar, 1925; portada de Camilo Díaz).
  • A muller galega (ensaio; Nós, 15 de agosto de 1925; escrito en Oleiros o 28 de marzo de 1916).
  • Réproba (novela en castelán, 1925).
  • Familia de lobos: la novela del obrero (novela en castelán, 1928).

[editar] Notas

  1. Ricardo Carballo Calero, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Vigo, 1975, pp. 494-495

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Noia Campos, C., "Limiar" de Néveda, Xerais, 1981
  • Casares, C.: Francisca Herrera Garrido. Vida e obra. Escolma de textos. Publicacións da RAG, A Coruña, 1987.

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Aquilino Iglesia Alvariño
Día das Letras Galegas
1987
Francisca Herrera Garrido
Sucesor:
Ramón Otero Pedrayo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas