Victoriano Taibo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 14 de marzo de 1966, foi un escritor galego, discípulo literario de Cabanillas.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou Maxisterio en Compostela e contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Exerceu de mestre de escola, polo que residiu en diferentes puntos de Galiza. Foi colaborador habitual de O Tío Marcos da Portela. Ingresou na Real Academia Galega o 15 de outubro de 1948.
A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.
[editar] Obra
- Abrente (1922)
- Da vella roseira (1925), adicado a Cabanillas.
- Da agra aberta (1956), colección de contos tradicionais de orixe popular. Reeditado en 2008 polo Instituto de Estudos Miñoranos.