Xesús Taboada Chivite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xesús Taboada Chivite, nado en Verín o 22 de setembro de 1907 e finado en Verín o 27 de novembro 1976, foi un arqueólogo, historiador, etnógrafo e ensinante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro da Real Academia Galega, cronista oficial da vila de Verín (nomeado en 1952), vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, ademais de docente. Chivite destacou especialmente nos campos da historia e arqueoloxía.

O premio Xesús Taboada Chivite[editar | editar a fonte]

O Premio Xesús Taboada Chivite está organizado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e ten como obxectivos promover traballos de investigación científica nos ámbitos da arqueoloxía, a antropoloxía e a historia. Tamén pretende homenaxear o investigador Xesús Taboada Chivite polas súa obras de estudo e divulgación nas disciplinas mencionadas.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Refraneiro galego.
  • Etnografía galega, 1972, Galaxia.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Los Castillos, Cuadernos de Arte Gallego 24. Edic. castrelos. Vigo. 1965
  • Escultura celto romana, Cuadernos de Arte Gallego 3. Edic. castrelos. Vigo. 1965
  • Guía de Monterrey.
  • Ritos y creencias gallegas, ed. Sálvora, 1982.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]