Antonio Meijide Pardo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Residiu na Coruña desde 1940 onde foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Eusebio da Guarda, posto do que se xubilou en 1985. Socio fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, ingresou na Real Academia Galega o 25 de maio de 1963 da que foi tesoureiro (1983-1997), foi vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia.
[editar] Obras
- La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII, 1960.
- Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos, 1982.
- Escritos e autores na Galicia da Ilustración, 1982.
[editar] Recoñecementos
Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e a Medalla Castelao (1996).