Manuel Comellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Comellas Coímbra, nado en Ferrol o 30 de abril de 1853 e finado en Mandiá o 3 de xuño de 1925, foi un escritor galego en castelán e galego.

Índice

Traxectoria[editar]

Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol e foi profesor e fundador do Colegio Comellas, onde estudou Ricardo Carballo Calero[1] [2]. Colaborou en La Semana e El Heraldo Gallego, e foi director do xornal ferrolán El Correo Gallego[3], entre 1896 e 1925[Cómpre referencia].

Manuel Comellas é un autor do Rexurdimento pouco estudado, citado por Carballo Calero[Cómpre referencia], mais non por outros autores, como Dolores Vilavedra, Anxo Tarrío ou Francisco Fernández del Riego. Literariamente dedicouse ao teatro coa obra Pilara ou Grandezas d'os humildes (1920)[4], aínda que tamén cultivou o ensaio, como un comentario que publicou sobre a encíclica Rerum Novarum, en 1905, ou unha colección de artigos titulados Redencións científicas, sobre o emprego da lingua galega na ciencia[5]. Estivo ligado ás Irmandades da Fala durante unha época breve[6].

Recoñecementos[editar]

Un ano despois da súa morte, en 1926, o alcalde de Ferrol, Alfonso Usero Torrente pide facer unha restauración da casa da rúa Sánchez Barcáiztegui onde naceu Comellas, traballos que rematarían en 1929. Na casa figura unha placa cunha semblanza da súa vida e unha escultura deseñada por López Mirás, e feita en mármore por Andrés Torrente, que aínda segue alí na actualidade. No ano 1950[Cómpre referencia] o concello de Ferrol decide nomear unha rúa co seu nome.

Vida persoal[editar]

Manuel Comellas casou no ano 1876 con Matilde Ruíz Grossi (1854-1929). Tiveron catro fillos [Cómpre referencia].

Obras[editar]

  • Catecismo Social según las enseñanzas de la inmortal Encíclica de la Santidad de León XIII "Rerum Novarum" extractadas y expuestas conforme al plan y método de la obra "Socialismo y Anarquismo" del P. Vicent S.J, 1905.
  • Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol, 1912.
  • Pilara ou Grandezas d'os humildes : fantesía dramáteca en tres partes, 1920.
  • Redención de amor, 1920[7].

Notas[editar]

  1. Carvalho Calero, Ricardo (1963). Historia da literatura galega contemporánea.
  2. R.Calvo, Cristina (1996). Comellas, la renovación pedagógica de la enseñanza ferrolana. (Artigo periodístico publicado no Ideal Gallego, 26 de xuño de 1996).
  3. [Web da Editorial Compostela http://www.editoresgalegos.org/es/editoriais/editorialcompostela]
  4. Catálogo da Biblioteca da USC
  5. Xosé Luís González Ucha e Alfonso Rey López, Guía do alumno. Primeiro de bacharelato. Lingua e literatura galega, Xunta de Galicia, accesible en Centro EPA “Eduardo Pondal”
  6. Emílio Xosé Ínsua, O teatro das Irmandades da Fala, in Historia da Literatura Galega, vol. 20., Vigo: ASPG-A Nosa Terra, 1996-98
  7. Emílio Xosé Ínsua, O teatro das Irmandades da Fala, in Historia da Literatura Galega, vol. 20., Vigo: ASPG-A Nosa Terra, 1996-98