Benito Fernández Alonso
Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo, parroquia de Galez (Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou no seminario conciliar de Ourense entre 1862 e 1867. Deixou a carreira sacerdotal para exercer de profesor en San Paio de Arauxo un ano, e posteriormente abriu unha tenda de panos na praza maior de Ourense. Dende 1883 a 1912 foi concelleiro no concello de Ourense e deputado provincial polo distrito de O Barco-Viana na Deputación de Ourense, nas filas conservadoras.
Como escritor ocupouse preferentemente de temas históricos; froito dos seus traballos naceu o Boletín da Comisión de Monumentos que comezou a editarse en 1898. Foi cronista da cidade de Ourense, membro da Real Academia da Historia, da de Belas Artes e Ciencias Históricas de Toledo e das Boas Letras de Barcelona, así como fundador da Real Academia Galega.
[editar] Obras
- El río Limia y sus contornos, Imprenta de la Propaganda Gallega, Ourense, 1879.
- Armas de Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1891.
- Guerra Hispano-Lusitana. Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1893.
- El pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense, Imprenta el Derecho, Ourense, 1897.
- Los judios en Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1904.
- Orensanos Ilustres, Diputación Provincial de Orense, 1916.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Barbosa Lorenzo, Carmen (1995), Benito Fernández Alonso, su vida y su obra (1848-1922), Entrimo: Concello. ISBN 84-605-4035-9.