Xulio Pardo de Neyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXulio Pardo de Neyra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 324 Dialnet: 744371

Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.[1]

Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.

Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.[2]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Gustavo Freire: o grande esquecido, Círculo das Artes, Lugo, 1988. 2ª edición ampliada co título Gustavo Freire na Galiza da Época Nós, Dos Acordes, 2008.
  • Historia do Concello de Baralla. Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, Concello de Baralla, 1998.
  • Lugo: cultura a república. As manifestacións intelectuais dunha cidade galega entre 1931-1936, Ediciós do Castro, 2001.
  • Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, Lugo, 2001.
  • Evaristo Correa Calderón na literatura galega contemporánea. Vangardismo e galeguismo, Universidade de Santiago, 2002.
  • O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme, Laiovento, 2002.
  • Lugo: cultura e República, Ediciós do Castro, 2002.
  • Vanguardia Gallega ou o proxecto xornalístico lucense da II República Española, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2002.
  • Ánxel Fole, pazos e nacionalismo, Tórculo Edicións, 2003.
  • Evaristo Correa Calderón, Xunta de Galicia, 2003.
  • Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, 2003.
  • Tradición e actualidade do heroe cabaleiresco masculino nas lendas familiares galegas. Mito e realidade histórica á vista dos documentos da literatura galega contemporánea, Universidade de Santiago, 2003.
  • Reflexións sobe didáctica da literatura. A literatura galega na radio, Concello de Lugo, 2003.
  • Eduardo Blanco Amor na escola. A imaxe poliédrica dun literato galego, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2005.
  • A introdución do vangardismo na literatura galega, Espiral Maior, 2005.
  • Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, Toxosoutos, 2005.
  • Os cabaleiros petan nas portas da literatura: a figura do heroe cabaleiresco na literatura galega contemporánea, Ediciós do Castro, 2006.
  • Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio: de casa e solar coñecido, Nigra Trea, 2006.
  • Literatura galega de vangarda: a iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos, TresCtres, 2006.
  • As orixes da literatura infantil galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
  • O pérfido canto das sereas. O culto á matria no sistema literario galego, Tórculo, 2008.
  • A época Nós: o estudo da literatura galega desde a periodoloxía literaria, Edicións Embora, 2009.
  • Literatura Pardozeliana: Brandanismo e Sebastianismo nunha nación a liberar. O mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, Nigra Trea, 2010.
  • A Torre e Pousa de Dumia. Historia social da Terra de Cervantes, 2012, Edicións Embora.
  • Literatura de sereas. A maxia da muller acuática, 2015, Toxosoutos.
  • Literatura galega e pornografía, 2016, Positivas.
  • Á sombra de María Silgar: Carvalho Calero contra a historia única, 2019, Edicións Embora.

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Poesía completa, de Evaristo Correa Calderón, Follas Novas, 2003.
  • Tres contos marabillosos de Vicente Risco, Galaxia, 2004.
  • Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor, Dos Acordes, 2013. Edición e estudo

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Apuntes para la historiografía de Galicia. Las regidurías brigantinas de los Masseda de Aguiar, Deputación de Lugo, 1994.
  • La arrebatadora entrada de Salomé en el templo. Mujer y erotismo en la vanguardia española, Llibros del Pexe, 2004.
  • Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Rox Ediciones, Mérida, 2005.
  • Amor y deseo en el calabozo, 2014, Bellaterra.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Las Órdenes Militares: realidad e imaginario, Universitat Jaume I Castelló, 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]