Manuel Gallego Jorreto
Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1963, onde tamén se doutorou (1968). Comezou a traballar no estudio de Alejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega onde traballou con Erling Viksjø.
Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego en 1976, e así mesmo, membro do Seminario de Estudos Galegos (1980) e da Fundación Luis Seoane (1996).
Aínda que na súa traxectoria traballou moito sobre vivenda privada e, en concreto, sobre vivenda protexida promovida por administracións públicas (Santa Cruz, Vite, Eirís), as súas obras máis recoñecidas están relacionadas con obra pública.
Foi profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña, na área de Urbanismo, durante máis de vinte anos.
[editar] Obras
- 1969-70. Vivenda unifamiliar en Corrubedo (A Coruña).
- 1977-79. Vivenda unifamiliar en Oleiros (A Coruña).
- 1979-80. Mercado de Santa Lucía na Coruña.
- 1979-82. Vivenda e estudio para un pintor na Illa de Arousa (Pontevedra).
- 1981-93. Casa da Cultura de Valdoviño.
- 1982-85. Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo na Coruña.
- 1984-89. Vivendas unifamiliares en Paderne, San Pantaleón das Viñas (A Coruña).
- 1987-90. Rehabilitación da Casona dos Lemos de Chantada (Lugo) para Casa da Cultura[1].
- 1988-95. Museo de Belas Artes da Coruña[2].
- 1990. Rehabilitación do antigo cárcere municipal para biblioteca en Carballo[3] (A Coruña).
- 1991. Acondicionamento da Casa do Boteiro para espazo de recepción e biblioteca do Museo Arqueolóxico e histórico da Coruña situado no Castelo de San Antón.
- 1992-97. Edificios para Institutos de Investigación no Campus Sur, para a Universidade de Santiago de Compostela.
- 1993-95. Restauración arquitectónica do Templo de Santalla de Bóveda[4]. (Lugo). En colaboración co arquitecto César Portela.
- 1994-95. Rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
- 1994-96. Centro de Saúde de Viveiro (Lugo).
- 1999-2002. Facultade da área das Ciencias Sociais no Campus universitario de Elviña, A Coruña.
- 2002. Residencia oficial de Monte Pío (Santiago de Compostela). Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia.
[editar] Premios
- 1983. Premio Galicia de Arquitectura. Ourense.
- 1991. Premio no I Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal dos Colexios de Arquitectos de León, Asturias e Galicia na categoría Rehabilitación pola obra Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo na Coruña[5].
- 1995. Premio Dragados y Construcciones de Arquitectura Española polo Museo de Belas Artes da Coruña.
- 1996. Premio no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Museo de Belas Artes da Coruña[6].
- 1996. Medalla Castelao[7]. Xunta de Galicia.
- 1997. Premio Nacional de Arquitectura pola obra Museo de Belas Artes da Coruña (España).
- 2006. Finalista Bienal Iberoamericana coa obra Complexo presidencial da Xunta de Galicia.
- 2008. Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos.
- 2010. Premio Celanova Casa dos Poetas.[8]
- 2010. Medalla de Ouro da Arquitectura[9] que concede o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
[editar] Actividade docente
- 1964-66. Profesor de F.A.E.,Fomento de las Artes y la Estética, Madrid.
- 1976. Profesor do primeiro Seminario Internacional de Arquitectura (S.I.A.C.) en Santiago de Compostela, sendo director do mesmo o arquitecto italiano Aldo Rossi e organizado polo COAG.
- 1976-2007 Profesor de Urbanística da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
[editar] Notas
- ↑ Casa da Cultura en concellodechantada.org
- ↑ O edificio. Arquitectura. museobelasartescoruna.xunta.es.
- ↑ Bilbioteca muncipal de Carballo www.carballo.org.
- ↑ MONTENEGRO RÚA, Enrique Jorge: "El descubrimiento y las actuaciones arqueológicas en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo)", Concello de Lugo, 2005, 128 páx. (en castelán)
- ↑ I Premio Julio Galán Carvajal www.coag.es.
- ↑ VII Premio COAG de Arquitectura www.coag.es.
- ↑ Decreto 232/1996, de 6 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 1996. www.xunta.es.
- ↑ Gallego Jorreto, o dignificador cultural, artigo de Mario Álvarez en elcorreogallego.es.
- ↑ Acta do xurado para a concesión da Medalla de Ouro da Arquitectura 2010
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Manuel Gallego, Tanais Ediciones, s.a., 1998.
- Facultad del área de las Ciencias Sociales de la Universidad de A Coruña, edita ACS, 2003.
[editar] Artigos en publicacións periódicas
- El croquis, 1984, Madrid, nº13, pp. 37-43.
- Obradoiro, COAG, 1981, Santiago de Compostela, nº7, pp. 11 e 20-21.
- Obradoiro, COAG, 1984, Santiago de Compostela, nº10, pp. 10-16 e 17-18.
- Obradoiro, COAG, 1985, Santiago de Compostela, nº12, pp. 7-14 e 15-16.
- Obradoiro, COAG, 1987, Santiago de Compostela, nº13, pp. 2-13.
- Tectónica, 1996, Madrid, nº1, pp. 50-69.