Darío Xohán Cabana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Darío Xohán Cabana | |
|---|---|
| Darío Xohán Cabana | |
| Nacemento: | 19 de abril de 1952 Roás, Cospeito |
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás, na Terra Chá, o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Na década de 1970 colaborou con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. Despois, nos 80 pasou un tempo en Corcubión e despois entrou a traballar mediante oposición como funcionario no concello de Lugo, onde segue na actualidade, Foi, antes, liberado sindical e garda municipal. É membro do Consello de Redacción de A Trabe de Ouro.
Desde o 22 de abril de 2006 é académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín.
Obras [editar]
Poesía [editar]
- Home e terra (Ed. Xistral, 1970).
- Verbas a un irmao (Edición de autor, 1970).
- Romanceiro da Terra Cha (Ed. Castrelos, 1973).
- Elexía nunha escuridade mortal (Ed. Roi Xordo, 1974).
- Mortos por que Galicia viva (Ed. Roi Xordo, 1974). Asinado co pseudónimo Daniel Méndez.
- Ábrelle a porta ó día (Edicións do Castro, 1981).
- A fraga amurallada. (Ed. Limbo, 1983).
- VIII Fragmentos (Sotelo Blanco, 1986).
- Amor e tempo liso (Sotelo Blanco, 1987).
- Cantigas de amor vilao (Galaxia, 1987).
- Patria do mar (Ir Indo, 1989).
- Antoloxía poética (Diario 16 de Galicia, 1992).
- Recolleita (El Correo Gallego, 1992)
- Cinco lendas (Deputación de Lugo, 1993).
- Canta de cerca a morte (Galaxia, 1994).
- Vinte cadernos: Poemas 1969-2002 (Xerais, 2003).
- Cabalgada na brétema (Galaxia, 2006).
Narrativa [editar]
- Noticias dunha aldea (Castrelos, 1973).
- Galván en Saor (Xerais, 1989).
- Fortunato de Trasmundi (Xerais, 1990)
- Libro dos moradores (Ir Indo, 1990).
- Cándido Branco e o Cabaleiro Negro (Xerais, 1992).
- Vidas senlleiras (Xerais, 1992).
- Cerco de ferro (Nigra, 1994).
- O cervo na torre (Xerais, 1994).
- Morte de rei (Xerais, 1996).
- Mitos e memorias (Xerais, 2003).
- A chegada a Lugo do primeiro tren (Concello de Lugo, 2005).
Literatura infanto-xuvenil [editar]
- As aventuras de Breogán Folgueira (Xerais, 1990).
- Chirlo merlo na figueira (Sotelo Blanco, 1990).
- O avión de Cangas (Xerais, 1992).
- As viaxes do principe azul (Galaxia, 1993).
- O milagre das estrelas (Xerais, 1993).
- O castrón de ouro (Edicións S. M., 1994).
- Chucho Cacho (Xerais, 1994).
- Inés e a cadela sabia (Edebé-Rodeira, 2000).
- Dende o Himalaia a Ceilán (Galaxia, 2004).
Ensaio [editar]
- Guía da provincia de Lugo (1998).
- Monterroso na Ulloa, 2001.
- Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais, 2008).
Traducións [editar]
- Cancioneiro, de Francesco Petrarca (Xunta de Galicia, 1989, Edicións da Curuxa, 2012).
- A Divina Comedia, de Dante Alighieri (Xunta de Galicia, 1990).
- Vida Nova, de Dante Alighieri (Espiral Maior, 1994).
- Os Tres Mosqueteiros, de Alexandre Dumas (2000).
- Antoloxía do Doce Estilo Novo (Galaxia, 2004).
- Os trobadores da Occitania (Edicións da Curuxa, 2011).
Obras colectivas [editar]
- Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973).
- I Festival de Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1981).
- II Festival da Poesía do Condado (S. C. D. Condado, 1982).
- III Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1983).
- O quiquiriquí e outras narracións (Edicións do Castro, 1983).
- IV Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1984).
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (Concello de Lugo, 1986).
- VI Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1986).
- VII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1987).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1988).
- Sede central. 1 (Clube Cultural Adiante, 1988).
- X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1990).
- XI Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1991).
- Contos da xustiza (Ir Indo, 1991).
- XIII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1993).
- Aí está o conto (Xunta de Galicia, 1993).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (Edicións do Castro, 1995).
- O Mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño, (Ed. Citania, 1995). Coeditor con Xavier Rodríguez Baixeras.
- Relato contemporáneo (Xerais, 1995).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (Xerais, 1996).
- A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia, 2001).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (Consello da Cultura Galega, 2001).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
- Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
- Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (Difusora, 2003).
- 23 poetas cantan a don Antonio Machado (Hipocampo, 2004).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
- De Manuel María a Ferrín: a grande xeración (Real Academia Galega, 2006). Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Poemas pola memoria (1936-2006) (Xunta de Galicia, 2006).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (Espiral Maior, 2008).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
Premios [editar]
- Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1982, por A fraga amurallada e en 1986.
- Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1983, por Patria do mar.
- Premio Xerais de novela en 1989, por Galván en Saor.
- Medalla de ouro do concello de Florencia (Italia) en 1991, pola súa tradución do Cancioneiro e a Divina Comedia.
- Premio Cidade de Lugo en 1992, por Vidas senlleiras.
- Premio Barco de Vapor en 1993, por O castrón de ouro.
- Premio de poesía Martín Codax en 1994, por Canta de cerca a morte.
- Premio Xerais de novela en 1994, por O cervo na torre.
- Premio da AELG á mellor obra traducida no 2012, por Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Autobiografía na BVG
- Ficha do autor na AELG
- Entrevista a Darío Xohán Cabana, Consello da Cultura Galega, 2001
- Páxina do autor en Praza das Letras
- Discurso de ingreso na Real Academia Galega, 2006
- Darío Xohán Cabana no recital en solidariedade cos traballadores de Astano en youtube
- Lectura de Darío Xohán Cabana do texto Venceredes vós