Pablo Pérez Costanti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pablo Pérez Costanti, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885 e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Biografía del escultor Ferreyro, 1898.
  • Historia del periodismo santiagués, 1905.
  • Notas viejas galicianas, 1925-1927.
  • Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII, 1930.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]