Manuel Leiras Pulpeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Leiras Pulpeiro
Manuel Leiras Pulpeiro
Poema de Leiras Pulpeiro, en Mondoñedo
Nacemento: 25 de outubro de 1854
Mondoñedo, Lugo Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 9 de novembro de 1912
Mondoñedo, Lugo Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): Poesía

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou Latín e Humanidades no seminario mindoniense, e Medicina en Madrid, licenciándose en 1877[1]. Exerceu a Medicina en Mondoñedo, cun gran recoñecemento popular.

Foi republicano, e chegou a ser Presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal. Anticlerical. O seu talante creoulle numerosas dificultades en Mondoñedo, sé bispal, conseguindo manter as súas conviccións con total firmeza.

Rexeitou o nomeamento de membro da Real Academia Galega por coidar non merecelo, pero doou a esta Institución importante material etnográfico e léxico (refráns, cantares, adiviñas, etc.) por el recollido. Escribiu un só libro, Cantares Gallegos (1911), con cántigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela.

Cantou a Mondoñedo e ás súas terras, a Galicia e ós seus problemas. Os seus restos recibiron sepultura no cemiterio civil de Mondoñedo.

Poucos anos despois da súa morte xuntáronse en Obras Completas (1930) as composicións que deixara inéditas, e en 1970 Xosé Luís Franco Grande publicou a Obra Completa de Leiras, recollendo outros inéditos.

Dedicóuselle en 1983 o Día das Letras Galegas

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Leiras Pulpeiro


Predecesor:
Luis Amado Carballo
Día das Letras Galegas
1983
Manuel Leiras Pulpeiro
Sucesor:
Armando Cotarelo Valledor

[editar] Notas

  1. Estudo crítico de Xosé Luís Franco Grande en Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Galaxia, 1970, páxina 12

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas