José Regojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Regojo Rodríguez
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Fermoselle, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1993 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJuan Ángel Regojo Editar o valor em Wikidata
Premios


José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) o 13 de novembro de 1900 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa actividade comercial en Portugal, dedicouse á venda de puntillas en Lisboa. Despois pasou a fabricar camisas, e instalou unha fábrica en Zamora. Coñeceu no Centro Galego de Lisboa á redondelá Rita Otero Fernández, filla de Juan Manuel Otero Milleiro, coa que casou en 1927. Instalouse en Redondela onde montou unha fábrica de camisas. Ao comezo da Guerra civil instalou unha fábrica de calzado para o Exército. Fabricou un tipo de camisas moi popular durante o franquismo e contaba co Exército como primeiro cliente. Foi un dos principais empresarios téxtiles. A mediados dos anos sesenta deixou a dirección das súas empresas por problemas de saúde, e empezaron a declinar ata que desapareceron.[1] Finou en Vigo o 14 de xaneiro de 1993.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla ao Mérito no Traballo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rita Otero Fernández en 1927 e foi pai de Rita, Teresa, Juan Ángel, José, Concepción, Pedro e Alejandra Regojo Otero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Regojo, empresario camisero gallego
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-1-1993, p. 67.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]