Edicións do Cumio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edicións do Cumio é unha empresa editorial e selo discográfico galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fundouse no ano 1988 en Vigo, e actualmente forma parte do grupo distribucións Arnoia.
Os traballos editados abranguen amplos campos: contos infantís, xogos didácticos, literatura xuvenil e narrativa, ensaio, dicionarios, ensino, biografías, turismo e cartografía, así como material sonoro (folk, bravú, rock...) e audiovisual.
Foi precursora en Galiza co lanzamento do primeiro dicionario en CD-Rom e corrector lingüístico.